Alza a túa voz, non o nivel do mar. O cambio climático é o protagonista do Día Mundial do Medio Ambiente que celebramos hoxe en todo o planeta coa auga e a nociva acción humana como telón de fondo.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH
Alza a túa voz, non o nivel do mar. O cambio climático é o protagonista do Día Mundial do Medio Ambiente que celebramos hoxe en todo o planeta coa auga e a nociva acción humana como telón de fondo.
Baixo o lema Galicia é auga, a Cidade da Cultura convídate a subir imaxes que recollan a arte que se agocha na auga doce que baña Galicia: da choiva aos ríos, das fontes ás augas termais. As seis mellores fotos elixidas por un xurado profesional e a que consiga máis votos de facebook de entre todas as subidas conseguirán unha fin de semana termal grazas a Balnearios de Galicia e aventuras en kaiak pola Ribeira Sacra por cortesía de Coca Cola.