Blog

 
En familia
Santiago de Compostela, 02 de Xullo de 2014

Navegantes, exploradores, descubridores, observadores... Son moitas as personaxes que, ao longo dos séculos, fixeron Historia grazas a un mapa, un plano ou unha carta de navegación.

Agora, e grazas á Biblioteca de Galicia, todos podemos revivir a época dos descubrimentos e facer da cartografía un xogo. Como? A través de dúas divertidas actividades que terán lugar na Cidade da Cultura neste mes de xullo no marco da mostra 'Colección Cartográfica 'Vilardevós' de Rodolfo Núñez de las Cuevas, que poderá visitarse na Biblioteca de Galicia do 14 de xullo ao 14 de setembro.

Comentarios0
Exposicións
Santiago de Compostela, 09 de Xuño de 2014

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe na Cidade da Cultura a exposición Arquivo de Galicia. O noso patrimonio, unha mostra coa que se conmemora o Día Mundial dos Arquivos. O conselleiro afirmou que con esta intervención “preténdese conseguir que o público sexa consciente da necesidade de conservar estes centros a longo prazo, facilitar o seu acceso e mostrar documentos únicos e extraordinarios”. 

Comentarios1

Páxinas