“Ninguén se quere achegar a un loitador de sumo. Sonreíde!”. Juanjo Villalobos, especialista en técnicas de networking, explicaba así a actitude precisa para xerar contactos de calidade aos 154 profesionais que esta mañá se achegaron ao Centro de Emprendemento do Gaiás para participar na xornada Getting Contacts!.
Este evento, organizado pola Cidade da Cultura e o Concello de Santiago, baséase nunha sinxela, pero efectiva metodoloxía para favorecer o networking, conectando a empresas con clientes, proveedores ou colaboradores.

