Blog

 
Exposicións
Santiago de Compostela, 09 de Xuño de 2015

Sombreiro, longa túnica adornada con cunchas de vieira e bordón na man dereita. A figura dun peregrino agroma en relevo na pedra granítica da lauda sepulcral que dá a benvida ao visitante á última etapa da exposición Camiño. A orixe, dedicada ao Peregrino. Trátase da coñecida como Lauda do peregrino, pertencente á colección de laudas medievais máis importante do mundo: a que alberga a vila coruñesa de Noia na Igrexa de Santa María a Nova.

Comentarios0
En familia
Santiago de Compostela, 03 de Xuño de 2015

A caricatura será a protagonista deste mes de xuño na Biblioteca de Galicia. 

O sábado 13 de xuño, os máis pequenos -de 5 a 10 anos- aprenderán a poñerlle cara a cada letra do abecedario co obradoiro Cariletras. Unha fermosa e divertida ferramenta de ver as letras e signos de puntuación, potenciando a creatividade e o concepto de que todo é posible, só hai que pórlle imaxinación.

Comentarios0

Páxinas