Blog

 
Música & Escena
Santiago de Compostela, 28 de Xullo de 2011 a Santiago de Compostela, 06 de Setembro de 2012

Esta fin de semana, a poesía e a música agardan por ti de novo na Cidade da Cultura. Serán dúas citas cheas de emoción, calor e beleza para vivir a maxia do solpor na compaña da micropoeta Ajo e o grupo uruguaio Dejavú, dentro do ciclo Atardecer no Gaiás.

Comentarios0
Música & Escena
Santiago de Compostela, 21 de Xullo de 2011

Este fin de semana, non hai escusa para se aburrir. Na Cidade da Cultura temos un calendario de non parar: Yolanda Castaño, Chelicia, Pelle Carlberg e os turcos Hayvanlar Alemi serán algúns dos artistas que pasarán polo Gaiás. E ademais, Luz Casal estará na Praza da Quintana nun concerto organizado pola Cidade da Cultura de Galicia. Ide anotando na axenda!

Comezamos hoxe, xoves, co espectáculo a cargo de Yolanda Castaño e o compositor Isaac Garabatos, que poñerán música e poesía ao lusco e fusco no ciclo Atardecer no Gaiás. Será a partir das 21.00 h na praza da Cidade da Cultura.

Comentarios0

Páxinas