Blog

 
En familia
Santiago de Compostela, 17 de Marzo de 2016

A Cidade da Cultura está a conmemorar esta semana, da man de Viaqua, o Día Internacional da Auga, que se celebra o vindeiro 22 de marzo. A través dunhas xornadas didácticas infantís e un foro de debate, pequenos e maiores puideron ao longo destes días descubrir os fundamentos da auga, os seus beneficios e a súa problemática.

Comentarios0
Exposicións
Santiago de Compostela, 10 de Marzo de 2016
Colección González-Moro

Pouco podía imaxinar a avoa Paquita que o baúl cheo de roupa co que as súas netas fantaseaban cada tarde ía convertirse nunha das mellores testemuñas da historia do traxe en España. Porque iso é a colección González-Moro, unha rica e exhaustiva compilación de prendas, complementos e roupa interior que conta a historia do último século. Do 11 de marzo ao 11 de setembro, a mostra Con-Fío en Galicia exhibirá vinte destas xoias.

Comentarios435

Páxinas