Dende esta semana temos servizo específico de buses que une o casco urbano de Santiago de Compostela coa Cidade da Cultura, un transporte que conta con cinco frecuencias diarias en cada dirección.
A saída no casco urbano da nova liña "Cidade da Cultura-Gaiás" está situada na dársena de autobuses de Xoán XXIII, e, no percorrido de ida, os buses fan paradas en San Roque, na Porta do Camiño, no Cruceiro de San Pedro, en Concheiros, en Fontiñas e no Multiusos do Sar antes de chegar á Cidade da Cultura. Saen de Xoán XXIII ás 11:00, 13:00, 15:00, 18:00 e 20:00 horas.

