Gústannos, divírtennos, namórannos... e constrúen comunidades. A última xornada do III FIEC ofreceu unha nova perspectiva dos festivais moi apegada a anteriores claves como a importancia do local ou a implicación do público: a de transformadores e creadores de comunidades. Esta nova perspectiva foi achegada por Francisco Martín, director do festival La mar de músicas de Cartaxena; e sir Jonathan Mills, director do Edinburgh International Festival.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH

