Blog

 
Santiago de Compostela, 12 de Maio de 2021

A Cidade da Cultura leva a exposición Galicia, de Nós a nós ao Museo de Pontevedra, onde xa está case todo a punto para que poidades visitala a partir do vindeiro xoves 20 de maio. Despois do seu paso polo Gaiás e pola cidade de Ourense, onde en conxunto congregou 22.000 visitantes -aos que se suman outros 7.000 participantes no programa de visitas interactivas e didácticas a través de videoconferencia-, a mostra chega a Pontevedra, outra das "cidades Nós" por excelencia.

Comentarios0
Santiago de Compostela, 04 de Maio de 2021

Neste fragmento de relevo exposto no Gaiás pode lerse un dos títulos máis habituais que recibía o Faraón. Adiviñades cal é? Trátase de Fillo de Re (ou Ra, o deus do Sol), amado de Amón, e refírese ao nomen ou nome de nacemento, un dos cinco nomes que tiña o gobernante do Antigo Exipto (xunto ao Praenomen, o nome de Horus, o nome de Nebty e o Horus de ouro).

Comentarios0

Páxinas