Se o teu é a música, non te podes perder o Music Way que os vindeiros 28 e 29 de setembro terá lugar en Santiago de Compostela. Un completo festival que chega á Cidade da Cultura a través dunha programación especialmente deseñada para o público infantil.
Será o sábado 29 de setembro de 16:00 a 20:00 horas, con concertos obradoiros e outras actividades relacionadas coa música totalmente de balde: unha experiencia coa que contaxiar aos máis novos do espírito da música e facelos partícipes do proceso creativo.

