Los nuevos proyectos culturales de REGA

As REGA (Residencias artísticas do Gaiás) están a facer xermolar na Cidade da Cultura de Galicia novos e suxestivos proxectos culturais vencellados coa música, coa escena, coa danza, coas artes perfomativas e audiovisuais e coa literatura, grazas á colaboración con institucións e colectivos culturais. Todo co obxecto de consolidar o Gaiás como viveiro creativo.
 
 
 
 Precisamente, o traballo de coprodución co CDG - Salón Teatro deu como froito en marzo tres anovadoras propostas escénicas de Clásicas desfeitas, onde se lle deu vida a textos de Sófocles, Camus, Virginia Woolf ou Eurípides, entre outros, dun xeito tan irreverente, como sorprendente e soberbio.
 
E axiña no Resis Festival ides poder descubrir en primicia a peza audiovisual, resultado doutra estadía creativa no Gaiás, na que estivo implicada o colectivo cultural que impulsa na Coruña este festival de música contemporánea, a Asociación Cultural AÏS.
.
En xuño arrancará a Residencia Literaria na que os e as participantes inscritas terán a oportunidade de contar co asesoramento de escritoras, como Sara Mesa ou Berta Dávila para desenvolver e avanzar na súa obra.
 
E no verán as REGA potenciarán o intercambio creativo entre artistas de Galicia e México coas residencias CHARCO e de iniciativas creativas, a través da experimentación con novas linguaxes contemporáneas.
 
Para a Cidade da Cultura supón unha enorme satisfacción que estas novas e interesantes iniciativas agromen e collan forma no Gaiás.
 
Vídeo: miramemira
Música & Escena
Santiago de Compostela, 12 de Abril de 2021