A exposición Valor e mestría,que se pode ver desde o pasado 15 de marzo no Museo Centro Gaiás, recupera fitos e personaxes lendarios do noso fútbol e tamén da nosa memoria histórica. Na mostra da Cidade da Cultura descubrirás xogadores atípicos, como o galego Cheché Martín, excepcional futbolista con alma de pintor.
Unha descuberta que xa antes realizou o xornalista Arturo Lezcano (A Coruña, 1974), un dos autores do catálogo desta exposición, no seu libro 'Cheché Martín. Fútbol sobre lenzo' e, de xeito recente, co gallo de Valor e mestría tamén recupera a RTVE de Galicia nunha reportaxe [**Imaxe do blog].
Cheché Martín (A Coruña ,1924-2006) foi un pioneiro en xogar en ligas estranxeiras, que vestiu as camisetas de equipos como o Deportivo, Barcelona, Atlético de Madrid e Valencia, ademais da Selección, e que compaxinou o seu labor profesional futbolístico coa súa paixón: a pintura.

