El agosto del arte emergente: #EAN9

O mito de Apolo e Dafne vencellado co caso de violación de 'La Manada'; a historia da etnia alemá que sobreviviu oito séculos na romanesa Transilvania; o paradoxal éxito do fracaso; o irreverente e retranqueiro terrorismo estético; a urxencia de linguaxes inclusivas; ou a influenza positiva da arte na sociedade. Estes foron algúns dos universos creativos dos e das 40 participantes do Encontro de Artistas Novos [#EAN9 - #Xacobeo21] nos que puidemos afondar na Cidade da Cultura de Galicia, durante a presentación dos seus ousados proxectos artísticos. Demostrando así, unha edición máis, que o #EAN é un suxestivo, renovador e alentador viveiro artístico.

Imposible verter como nos gustaría e merecen todo o visto, escoitado e experimentado nestes cinco días de convivencia e intercambio artístico do #EAN9, no que participaron artistas galeg@s pero tamén procedentes do resto de España e doutros países como Colombia, Romanía ou A Arxentina. Deixámosvos neste blog un bocadiño dalgúns dos proxectos dos/as 40 creadores, que espremeron ao máximo o #aprendercompartindo. Marabillou comprobar o talento destes e destas artistas emerxentes nunha descuberta de traballos, nos que non existen lindes creativos nin temáticos.Grazas a tod@s por compartilos con nós no Gaiás e augurámosvos unha exitosa traxectoria ‼️

     

  • Humor e ironía para reafirmarse como artista. Adrián Conde (Ourense, 1991) abriu este ano a presentación de proxectos artísticos do #EAN9. Pintura con materiais descontextualizados é a súa lingaxe creativa .
  • Ilustración e pintura é onde focaliza o seu traballo Alba de Lucas. Artista emerxente que participou no #EAN9 da Cidade da Cultura. O azar e o senso crítico guían a súa obra, que presenta neste #Encontro.
  • Tras varios anos formándose como actriz, Alba Galocha atopou en técnicas como a pintura, e o bordado ou a cerámica, o xeito de dar forma as súas emocións. Presentou esta nova faciana no #EAN9
  • Amanda Moreno trouxo ao #EAN9 a investigación artística que está a realizar no que fai unha revisión historiográfica, afondando na arqueoloxía de xénero.
  • Bonecas de porcelana nun comando de sororidade e un proxecto de colaxes sobre espellos para establecer un diálogo entre mulleres artistas do pasado e do presente son as dúas orixinais iniciativas creativas que presentou Aurora Duque no #EAN9.
  • Pór en valor o erro é un dos obxectivos dos traballos artísticos de Berta López. Ao #EAN9 da
    trae as súas creacións con mensaxes antinormativas.
  • Un hotel perdido que lle dá as costas á eficiencia e a produtividade. Un refuxio para hibernar no que se propón unha dimensión estancada, disfuncional. Esta é a suxestiva proposta do proxecto artístico que trouxo Camila Cañeque ao #EAN9

  • Pintura, gráfica e escritura para traballar na contemporaneidade desde o artesanal para compoñer de xeito azaroso. Esta é a forma de crear de Blanca Nieves, que defendeu no #EAN9os resultados imperfectos.
  • Desde as historias de Lynch ou Jarmusch ata o ilustrador Kay Nielsen. Todo iso pasado por un filtro Camp, homenaxe a artistas como John Waters, é o proxecto #Canina, que Blanca Quintanilla presentou no #EAN9.
  • En 1989, os xemelgos José e Emilio Alcázar foron abducidos por extraterrestres no centro de Madrid e regresaron no 2005. Este é o punto de partida do proxecto da artista visual Daniela Olave (Bogotá, 1990), que presentou no #EAN9.
  • No #EAN9 tamén coñecemos o traballo de David Costoya (Santiago de Compostela, 1989), quen fusiona as obras de arte máis famosas con iconas e costumes da súa cidade natal, así como con elementos tradicionais da cultura galega.
  • Diego Lobenal considera o espectador como peza fundamental das súas creacións, nas que aborda diversos temas sempre relacionados coa actualidade da sociedade. Coñecimos no #EAN9
    algúns destes traballos.
  • A Felipe Romero Beltrán (Bogotá, 1992) interénsanlles os territorios que atravesan ou teñen atravesado procesos de conflito e no #EAN9 presentou eses traballos, situados entre os límites da lóxica documental.
  • Garazi Lara Icaza (Bilbo, 1987) achegounos no #EAN9 a súa proposta-proxecto de empregar o "x" na linguaxe escrita como ferramenta inclusiva non marcadora de xénero.
  • Israel Jiménez (Pontevedra) presentou no #EAN9 da "100 años en Aqueronte", unha serie que aborda o valor que a sociedade actual lle dá aos obxectos fronte ao diñeiro.

  • A asociación repetición-recordo dá unidade ao proxecto #ESOTRO de Juan López. No #EAN9 amosou unha selección de pezas: fotografía e instalacións, tamén de carácter sonoro que se expandiron polo espazo expositivo.
  • Lois Búa (Muxía, 1996) advertiunos no #EAN9dunha "multitude" apática e consumista que gusta da épica e a ficción científica pero que evita a actuación real. E faino a través do seu traballo creativo #FantasíaPolítica
  • Lois Cid (Ourense,1993) parte dunha investigación territorial dos Países Baixos, para rematar cun estudo da paisaxe en construción. En ámbos traballos, presentados no #EAN9, emprega a fotografía como ferramenta de análise.
  • Marc Badia (Barcelona, 1984) emprega memes e gifs nas súas obras para potenciar o absurdo na crítica social dos seus traballos e tamén como refuxio persoal desde o que que crea. Puidemos coñecer máis do seu traballo no #EAN9

  • Manuel Palma (Cádiz, 1986) presentou no #EAN9 unha película composta por historias de persoas que pasaron por un período escuro despois da guerra cuestionando o valor das súas eleccións individuais.
  • Marta Valverde (Nigrán, 1994) trata de averiguar nos seus traballos actuais cal é o foco da tristeza da súa xeración e investigar sobre posibles mundos paralelos como vía de escape. Afondou nestes relatos creativos no #EAN9

        

  • Teresa Búa (Muxía) amosou no #EAN9 un híbrido de gráfica, deseño de moda e performance co proxecto artístico #PersonaHola, que define como "un acto de terrorismo estético".
  • Cunha voz satírica a medio camiño entre a estética dun pasado alternativo e dun futuro incerto, Pablo López Segura (A Coruña , 1998) traballa sobre o absurdo drama da contemporaneidade.
  • Sergio Ojeda presentou no #EAN9tres proxectos que considera esenciais na súa traxectoria: "We are going to make a killing" (2007), "Mártir" (2011) e "Lovin" (2016) e que se centran no "éxito do fracaso".

  • No #EAN9 dos fotógrafos NiñoProyecto presentaron o seu traballo de investigación documental sobre un grupo étnico de orixe alemá, os saxóns, que habitaron oito séculos na romanesa Transilvania 
    
 
  • Virginia López (Burgos, 1994) deu a coñecer no #EAN9 da os seus proxectos fotográficos, que afondan na identidade e na memoria asociada aos espazos rurais en transición nos que se criou.
  • Belén Yañez (Ourense, 1983) presentou no #EAN9os seus proxectos de arte viva (performances e instalacións), nos que investiga como os aspectos participativos do arte poden influír positivamente nas sociedades.
  • Pablo Durango (1988, Madrid) propón na súas obras xogar coa deformación, o sinsentido, a fantasía e a ensoñación como formas lexitimadas de extraer coñemento. Amosou o seu proceso creativo no #EAN9
  • Jon Amorrortu (Bilbo, 1990) desenvolve a su obra en branco e negro, xogando co visible e co oculto na nosa memoria. Interpelando o espectador sobre a súa identidade. Ao #EAN9 trouxo os seus proxectos actuais.
  • Os proxectos de Dana Balajovsky (A Arxentina, 1990) envolven a su vida persoal, traballando na intersección do documental e da ficción para contar unha historia. E contou máis dunha na residencia artística do #EAN9
  • Thais Suárez (Santiago de Compostela, 1988) presentou no #EAN9 un proxecto fotográfico que reinterpreta o mito de Apolo e Dafne vencellando co caso de violación de 'La Manada'.
Santiago de Compostela, 30 de Agosto de 2019