Que pode ser a danza? Un berro pola dignidade xitana, unha bandeira polos dereitos das mulleres, un espello fronte ao turismo de autómatas?
O festival Escenas do cambio 2020, organizado pola Xunta de Galicia no marco do Xacobeo'21, arranca con cinco pezas ao redor da danza contemporánea e das linguaxes do corpo concentradas nunha fin de semana [do venres 31 de xaneiro ao domingo 2 de febreiro].
A Cidade da Cultura de Galicia recibe :
- A figuras internacionais tan relevantes como: Estzer Salamon Ula Sickle ou Leonor Leal
- E creadores emerxentes como Los Bravú ou Pálido Domingo.

Descubre o programa completo en escenasdocambio.org
Colaboran: INAEM, Camões - Centro Cultural Português em Vigo, Pazo de Raxoi e Universidade de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 23 de Enero de 2020
