- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH
Malabares e música no primeiro espectáculo de Nadal no Gaiás
A música e o circo foron os grandes protagonistas esta tarde na Cidade da Cultura co espectáculo Orquestra de malabares, un proxecto da banda Unión Musical de Meaño e a compañía galega de novo circo Pistacatro. Dirixido especialmente a público infantil e familiar, este diálogo escénico entre seis malabaristas e unha banda de música congregou no Museo Centro Gaiás a un público de máis de 400 persoas no primeiro dos espectáculos programados con motivo dos festexos do Nadal no Gaiás.
Máis de 50.000 globos para unha cidade de Nadal no Gaiás
A Xunta de Galicia convida as familias a vir gozar desde hoxe ao Museo Centro Gaiás dunha cidade de Nadal recreada con máis de 50.000 globos biodegradables; presidida por unha árbore xigante para decorar entre todos; e animada por obradoiros de balde para a cativada.
Escenas do cambio | O canto do horror
Como se conta o horror? Que palabras escollemos para describir a masacre de 800.000 persoas en cen días? En abril de 1994, Dorothée Munyaneza tiña doce anos. Esa primavera comezaron as matanzas. Moitos dos seus parentes, amigos e familiares foron asasinados. A súa nai, traballadora dunha ONG en Londres, logrou sacala de Ruanda.
Volve o Concurso de Postais do Nadal no Gaiás para a cativada máis creativa
O Nadal está ás portas e con el chega o noso tradicional Concurso Infantil de Postais!

O testemuño documental máis antigo dos Parlamentos en Europa | Galicia, un relato no mundo
Quizais un dos antepasados máis antigos da Constitución sexa este pergamiño que se exhibe en Galicia, un relato no mundo. Cedido pola catedral de Ourense, este manuscrito de oitocentos anos é considerado un tesouro bibliográfico. O seu valor único fixo que a UNESCO o incluíse na Memoria do Mundo, arquivo internacional de documentos imprescindibles para entender a evolución da humanidade.
O espectáculo 'MIB: Músicos In Black' fusiona en 'Viraxes' música e teatro amador
Teatro amador con banda sonora ao vivo foi a proposta escénica do espectáculo MIB: Músicos In Black, que esta tarde interpretaron no Museo Centro Gaiás a banda Unión de Guláns e o grupo de teatro Todos Xuntos, un proxecto no que implicaron a toda a veciñanza desta pequena aldea de Ponteareas.
Xornada técnica | RDA: ESTADO DA CUESTIÓN
A Biblioteca de Galicia organiza unha nova xornada técnica co obxectivo de mellorar a formación e fomentar o intercambio de ideas e experiencias entre os profesionais que traballan nas institucións da memoria galegas. O tema sobre o que se artellará esta xornada do segundo semestre de 2019 será o estándar RDA. Aínda que este “novo” código de catalogación está publicado desde o ano 2010, a súa adaptación nas bibliotecas españolas non termina de poñerse en marcha.
Nadal no Gaiás de conto cunha árbore xigante e personaxes feitos con globos
A Xunta de Galicia convida as familias a gozar do 13 de decembro ao 6 de xaneiro de Nadal no Gaiás cunha programación que transformará a Cidade da Cultura nunha urbe de conto, ateigada de cor, figuras de globos, obradoiros para a cativada, un espectáculo circense-musical e unha gran gala de magos, chegados de todos os recunchos do planeta, xa que a maxia será a protagonista das actividades artelladas para
Nadal no Gaiás | Concurso Mellor Postal
Non hai Nadal no Gaiás sen o noso tradicional concurso de postais! Anima a cativada da túa casa a pintar o seu Nadal no Gaiás máxico, no que non pode faltar a grande árbore da Cidade da Cultura.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- …
- seguinte ›
- última »