Gañadores do Concurso Postais de Nadal no Gaiás 2019, ao que se presentaron máis de 160 participantes

A Xunta de Galicia premiou hoxe a creatividade e a orixinalidade da cativada dando a coñecer os e as gañadoras do tradicional Concurso Infantil de Postais de Nadal no Gaiás, ao que máis de 160 pequenos presentaron os seus traballos, entre o 1 e o 22 de decembro.

Santiago de Compostela, 28 de Decembro de 2019

Volve en xaneiro o festival infantil de curtametraxes 'Pequefilmes'

A Cidade da Cultura de Galicia celebrará a fin de semana do 18 e 19 de xaneiro de 2020 o festival infantil de curtametraxes Pequefilmes. O Museo Centro Gaiás proxectará unha escolma de ao redor dun cento de traballos, moitos deles premiados nalgúns dos festivais de cinema infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo, como Annecy, Chicago ICFF, Animamundi, Animafest, Dresdner Kinderfilfest, etc.

Santiago de Compostela, 19 de Decembro de 2019

Dez anos de Xuventude Crea

Xuventude Crea é un programa da Xunta de Galicia, desenvolvido pola Consellería de Política Social, a través do que se busca recoñecer e darlle visbilidade á innovación e á creatividade dos mozos e mozas galegos en 13 disciplinas diferentes. Neste 2019, Xuventude Crea cumpre 10 anos. Esta exposición conmemora este décimo aniversario cunha escolma de obras premiadas nas especialidades de Deseño de xoias, Artes Plásticas e Fotografía ao longo desta década.

I Congreso Internacional Teatro Galego

O Primeiro Congreso Internacional do Teatro Galego nace paralelamente e como un dos seus obxectivos fundamentais coa Academia Galega de Teatro, quen na súa presentación pública no Consello da Cultura Galega o 27 de marzo de 2018, expón e argúe as liñas básicas da súa necesidade e dos seus obxectivos fundamentais, entre os que se atopa o I Congreso Internacional do Teatro Galego.

Pequefilmes 2020

O mellor cine miúdo volve ao Gaiás na cuarta edición de Pequefilmes. Toda unha fin de semana de proxeccións, votacións, premios do público e obradoiros cos que dar resposta á demanda dun público pequeno en tamaño pero grande en esixencias.

Cifra récord de 12.000 visitantes no primeiro mes de 'Galicia, un relato no mundo'

A exposición Galicia, un relato no mundo recibiu no seu primeiro mes un total de 12.000 visitantes, unha cifra récord que supera incluso a de mostras cunha excepcional acollida entre o público, como foi o caso de Castelao Maxistral. A boa obra ao mestre honra, na que se exhibiu por vez primeira en Galicia o icónico cadro A derradeira leición do mestre de Castelao.

Santiago de Compostela, 17 de Decembro de 2019

Remata o programa de transformación dixital en empresas culturais e creativas, no que participaron 25 mozos e mozas

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu á clausura do programa formativo en transformación dixital, xestión empresarial e emprendemento nas industrias culturais e creativas, organizado no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura pola Cámara de Comercio de Santiago en colaboración coa Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de Decembro de 2019

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS