O Museo Gaiás acolle xa a Biblia Kennicott, obra mestra da iluminación medieval creada na Coruña no século XV

A Cidade da Cultura acolle xa no Museo Centro Gaiás a Biblia Kennicott, obra recoñecida como unha das xoias da ilustración medieval e un dos manuscritos hebreos máis valiosos e fermosos do mundo. Creada na Coruña no século XV, a Kennicott é a testemuña máis importante da presenza xudía en Galicia na Baixa Idade Media e será exhibida en Galicia, un relato no mundo, a primeira exposición internacional do Xacobeo 21, organizada pola Xunta.

Santiago de Compostela, 02 de Novembro de 2019

Expertos internacionais repensan no Gaiás escolas, espazos públicos e cidades adaptadas á cativada

A Xunta de Galicia está a celebrar na Cidade da Cultura hoxe e mañá un encontro internacional con expertos chegados de todo o mundo para repensar —en xornadas teóricas e prácticas— como acadar arquitecturas saudables para a infancia en espazos públicos como as escolas, as súas contornas, os parques de lecer e mesmo as propias cidades. Este importante reto é o obxectivo do V Playgrounds.

Santiago de Compostela, 31 de Outubro de 2019

Reforzo á seguridade do Museo Gaiás para acoller as obras mestras de 'Galicia, un relato no mundo'

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia reforza con tecnoloxía complementaria os seus sistemas de seguridade ante o valor dalgunhas obras de Galicia, un relato no mundo, a primeira exposición internacional do Xacobeo 21 organizada pola Xunta de Galicia. A mostra, que se inaugura o vindeiro 14 de novembro, exhibirá pezas consideradas xoias do patrimonio universal, como o Mapa de Sawley, a Biblia Kennicott, os códices calixtinos do Vaticano e de Salamanca ou o Cancioneiro da Vaticana.

Santiago de Compostela, 30 de Outubro de 2019

Unha intervención artística converterá as Torres Hejduk nun banco sonoro e visual de experiencias do Camiño

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, vén de premiar un proxecto que, a modo de instalación artística efémera, converterá as icónicas Torres Hejduk da Cidade da Cultura nun banco de memorias e experiencias do Camiño de Santiago. Será a través dun rexistro sonoro e visual de vivencias de peregrinos e peregrinas, parte delas relatadas en tempo real desde a propia praza do Obradoiro.

Santiago de Compostela, 29 de Outubro de 2019

Audacia pecha a súa primeira edición pondo o foco na arte urbana, a banda deseñada ou a muller emprendedora

arte urbana, a innovación na creación musical e as mulleres emprendedoras foron as grandes protagonistas da última xornada de Audacia, o festival de artes e emprendemento, organizado pola Xunta a través da Consellería de Cultura e Turismo e enmarcado na programación do Xacobeo 21.

Santiago de Compostela, 21 de Outubro de 2019

Román Rodríguez presenta o festival ‘Audacia’ como o grande escaparate do futuro creativo e o talento emerxente de Galicia

Audacia, o primeiro festival de artes e emprendemento de Galicia, organizado pola Xunta congrega hoxe e mañá no Museo Centro Gaiás arredor de 1.000 estudantes e docentes de 17 centros de ensino artístico de toda Galicia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, achegouse este mediodía ao festival, onde destacou que “o esencial deste evento, encadrado na programación do Xacobeo 21, é a súa aposta polo noso futuro creativo”.

Santiago de Compostela, 18 de Outubro de 2019

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS