Obras de arte nas tapas dos libros | Biblioteca de Galicia

Hai cubertas de libros que son verdadeiras obras de arte. Tapas de publicacións que foron encargadas a Miró, Tapies, Picasso, Seoane, Maside ou Díaz Pardo e que decidiron enfrontarse a elas como se fosen auténticos lenzos e que  —tanto pola calidade creativa, como pola autoría das mesmas—  merecerían ser enmarcadas e amosadas como tales nun museo.

Galego

Restaurante-cafetería no Museo Gaiás

Na Cidade da Cultura contades desde este mércores, 15 de xaneiro, cun novo espazo de restauración, situado no Museo Gaiás, para atender o incremento de traballadores e visitantes ao complexo. Este novo servizo de restaurante-cafetería súmase aos actuais de: A Cantina do Gaiás [situada no edificio do Centro de Emprendemento] e a cafetería O Roupeiro [no edificio CINC]. Ademais, dispón de dúas terrazas: unha exterior e outra interior, situada no Hall de Tirantes do propio museo.

Galego

Día da usuaria/o da Biblioteca de Galicia

Só nunha parte moi reducida da Biblioteca e Arquivo de Galicia se permite o acceso ao público. A entrada no resto das áreas atópase restrinxida por motivos técnicos e de seguridade, pero mañá venres ás 12 horas abrirase unha oportunidade excepcional para explorar estas zonas reservadas e coñecer os segredos desta institución gardiá da nosa memoria.

Galego

Máis de 23.000 visitas no Nadal ao Museo Gaiás

O Museo Gaiás da Cidade da Cultura superou no Nadal as 23.000 visitas grazas á mostra Galicia, un relato no mundo —primeira grande exposición internacional da Xunta de Galicia para o Xacobeo`21— e ás actividades para público familiar para estas datas, nas que se recreou unha vila máxica elaborada con globos de látex natural e biodegradables, dinamizada con obradoiros de balde e con dous grandes espectáculos: un circense-musical e outro con sete magos internacionais.

Santiago de Compostela, 09 de Xaneiro de 2020

Os Reis Magos da diáspora | Galicia, un relato no mundo

Non sempre os Reis Magos chegaron de Oriente, polo menos en Galicia. Houbo un tempo no que os agasallos máis agardados do ano procedían de Suíza, Alemaña ou A Arxentina, daqueles países onde os emigrantes enviaban á casa radios, máquinas de fotos ou mesmo os primeiros ordenadores, un catálogo de anovadores artigos que revelaba o progreso acadado polos que marcharan na procura de oportunidades.

Galego

A década de 'Xuventude Crea', no Gaiás

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado exhibe na Sala Eisenman da Cidade da Cultura as obras premiadas no programa Xuventude Crea durante os seus dez anos de existencia. Desde o 19 de decembro e ata o 7 de xaneiro recuperaranse as creacións das mozas e mozos nas especialidades de artes plásticas, deseño de xoias e fotografía.

Santiago de Compostela, 30 de Decembro de 2019

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS