A Biblioteca de Galicia organiza unha nova xornada técnica co obxectivo de mellorar a formación e fomentar o intercambio de ideas e experiencias entre os profesionais que traballan nas institucións da memoria galegas. O tema sobre o que se artellará esta xornada do segundo semestre de 2019 será o estándar RDA. Aínda que este “novo” código de catalogación está publicado desde o ano 2010, a súa adaptación nas bibliotecas españolas non termina de poñerse en marcha. A Biblioteca Nacional de España, a Biblioteca de Catalunya ou a Biblioteca das Illes Balears son das poucas institucións que están a facer esforzos reais para tratar de implementar RDA nos seus procesos de catalogación.
Na xornada estarán presentes representantes destas tres bibliotecas para transmitirnos como están a traballar para adaptarse a RDA e cales son os principais atrancos cos que se están a atopar. Para rematar a xornada haberá unha mesa de debate para achegarnos ao estado da cuestión nas bibliotecas galegas.
PROGRAMA
- CRONOGRAMA
10:00-10:30 Inauguración e benvida aos asistentes
10:30-11:00 Ana González Ribot | Aplicación de RDA na Biblioteca Nacional de España
11:00-11:30 Imma Ferran | Implementación de RDA en Cataluña
11:30-12:00 CAFÉ
12:00– 12:30 Almudena Cotoner | As normas RDA na UIB: implementación e novos obxectvos
12:30 – 13:30 MESA DE DEBATE | Estado da implementación de RDA nas bibliotecas galegas
13:30-15:30 COMIDA LIXEIRA -

- Presentación:
Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Director Xeral de Políticas Culturais
Consellería de Cultura e Turismo
Cristina Rubal González
Subdirectora Xeral de Bibliotecas. Secretaría Xeral de Cultura
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
- Relatores:
Imma Ferran Augé
Implementación de RDA en Cataluña
Biblioteca de Catalunya
Servei de Normalització Bibliogràfica
Almudena Cotoner Cerdó
As normas RDA na UIB: implementación e novosobxectivos
Àrea de Catalogació i Gestió de la Col·lecció
Servei de Biblioteca i Documentació
Universitat de les Illes Balears
Ana González Ribot
Aplicación de RDA na Biblioteca Nacional de España
Servicio de Catalogación
Biblioteca Nacional de España
- Mesa de debate: Estado da implementación de RDA nas bibliotecas galegas
Representantes da:
- Biblioteca da Universidade de Vigo
-
Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
-
Biblioteca da Universidade da Coruña
-
Consorcio de BU de Galicia
-
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
-
Biblioteca de Galicia





