En decembro as bandas populares mesturan a súa música con teatro e circo en dúas novas citas do ciclo Viraxes

Xa están dispoñibles na billeteira do Museo Centro Gaiás os convites gratuítos para asistir a dous novos concertos do ciclo Viraxes, que en decembro volve traer á Cidade da Cultura espectáculos amenos e diferentes nos que as bandas de música se atreven a mesturar a súa música con formatos como circo e teatro.

Santiago de Compostela, 26 de Novembro de 2019

Pequeno circo de Nadal

Espectáculo de contacontos e danza no que varias das figuriñas do Nadal cobran vida por arte de maxia na noite de Nadal e veñen a contarnos que foron deixadas, por un despiste do Reno Rodolfo, nese mesmísimo lugar.

Un espectáculo divertido para pasar en familia, nas festas máis doces de todo o ano.

 

Os divulgadores culturais Jaime Altozano e 'El Barroquista' xuntos no Gaiás no encontro #CulturaLike

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, recibiu hoxe aos asistentes ao encontro #CulturaLike organizado pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura no que participan dous destacados divulgadores culturais en liña como son Jaime Altozano –con máis de dous millóns de seguidores nas súas redes sociais– e o galego Miguel Ángel Cajigal, máis coñecido como El Barroquista –con máis de 40.000 só na canle de Twitter– para dar a coñecer as chaves do seu éxito na creación de contidos culturais de impacto en Internet.

Santiago de Compostela, 25 de Novembro de 2019

Retransmisión en streaming de #CulturaLike

A Xunta de Galicia retransmitirá mañá sábado en streaming a xornada #CulturaLike, un encontro que reunirá no Gaiás dous divulgadores culturais que están a triunfar nas redes sociais cos seus contidos: Jaime Altozano, con máis de dous millóns de seguidores, e o galego Miguel Ángel Cajigal, máis coñecido como ‘El Barroquista’, con máis de 40.000 só na canle de Twitter.

Santiago de Compostela, 22 de Novembro de 2019

Seis estreas en Escenas do cambio 2020

A Xunta de Galicia programará na sexta edición do Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, Escenas do cambio, a estrea de seis pezas tanto de artistas internacionais, como de compañías galegas. Deste xeito, reforza a súa proxección internacional, á vez que volve confirmar que é un excelente escaparate dos proxectos do sector da comunidade.

Santiago de Compostela, 18 de Novembro de 2019

Máis de 30 ideas de innovación no sector cultural concorren aos Premios Emprende Cultura Gaiás Sixto Seco

Máis de 30 ideas emprendedoras de innovación no sector cultural concorren aos Premios Emprende Cultura Gaiás Sixto Seco, das que se coñecerá as gañadoras o vindeiro xoves 21 de novembro. O xurado, do que forma parte o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, reuniuse hoxe.

Santiago de Compostela, 15 de Novembro de 2019

O Gaiás convida á foliada do Magosto no Gaiás de mañá sábado coa banda do gaiteiro Anxo Lorenzo e degustación de castañas

A Xunta de Galicia convida mañá sábado na Cidade da Cultura a festexar a súa foliada por excelencia do outono: o Magosto no Gaiás. Para celebrar esta cita cultural e gastronómica de carácter familiar e con arraigo na nosa cultura popular contarase coas imprescindibles castañas -asadas ou como ingrediente principal en petiscos- e cos ritmos tradicionais e de fusión dun dos nosos gaiteiros máis internacionais, Anxo Lorenzo.

Santiago de Compostela, 15 de Novembro de 2019

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS