Non hai Nadal no Gaiás sen o noso tradicional concurso de postais! Anima a cativada da túa casa a pintar o seu Nadal no Gaiás máxico, no que non pode faltar a grande árbore da Cidade da Cultura.
Dirixido a nenos e nenas entre 0 e 9 anos, deixámosvos aquí un pequeno bosquexo, pero que os pequenos e pequenas imaxinen, debuxen e cren nesta postal a súa árbore de Nadal como lles pete! Sabemos que son talentosos e talentosas e lles sobre creatividade, fantasía e orixinalidade. Argadamólas!
O concurso está aberto ata o 22 de decembro e as postais poden enviarse por correo ordinario (Museo Centro Gaiás. Cidade da Cultura de Galicia Monte Gaiás s/n 15707 – Santiago de Compostela) ou depositarse directamente na caixa de correo da ‘Cidade do Nadal’ ou tamén facela chegar polo enderezo electrónico: online@cidadedacultura.org
As seis máis orixinais recibirán un agasallo, que se lles entregará o 28 de decembro ás 18 horas horas, antes do espectáculo Galicia Magic Fest.