A Cidade da Cultura acollerá en 2014 o WOMEX, a principal feira de "world music" do mundo

Tras dous anos de traballo, a Xunta de Galicia e o consello de Santiago veñen de conseguir que a candidatura de Compostela albergue en 2014 o Womex, un acontecemento internacional fundamental dentro das denominadas “World Music”. Trátase dun evento que atrae máis de 2.500 profesionais acreditados (principalmente programadores culturais) e máis de 300 artistas. A feira estará integrada por máis de 300 stands e varios escenarios simultáneos para actuacións en vivo, e estimase que suporá unha importante fonte de ingresos para a sociedade galega.

Santiago de Compostela, 13 de Outubro de 2012

Noventa entidades colaboran coa Cidade da Cultura cedendo pezas para a exposición Gallaecia Petrea

“Gallaecia Petrea” será a primeira exposición do Museo de Galicia da Cidade da Cultura, unha das mostras máis ambiciosas organizada na nosa Comunidade.

A través dela, o visitante recorrerá a historia da construción da cultura galega a partir dun elemento tan emblemático como é a pedra A mostra, que ocupará os 6.600 metros cadrados do Museo e que estará aberta ata decembro, organízase en seis áreas: Xeoloxía, Prehistoria, Roma, Medieval, Moderna e Contemporánea As pezas, algunhas de ata dez toneladas de peso, proceden de diferentes partes de Galicia, España e de Portugal, e están a ser trasladadas nunha complexa operación técnica rodeada de estritas condicións de seguridade

Santiago de Compostela, 31 de Maio de 2012

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS