Aproveita a Semana Santa para afondar na arquitectura e nas exposicións do Gaiás nunha visita guiada

A Cidade da Cultura amplía durante a Semana Santa a súa oferta de visitas comentadas á arquitectura e ás exposicións do Museo Centro Gaiás, coincidindo coa derradeira semana da mostra Francisco Asorey, unha recuperación necesaria, que pecha as súas portas o vindeiro domingo 5 de abril.

Santiago de Compostela, 29 de Marzo de 2026

‘Escenas do cambio’ 2026 reúne a artistas e compañías dunha decena de países

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe na Cidade da Cultura unha nova edición de Escenas do cambio, o festival de artes escénicas de vangarda impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que se desenvolverá entre o 7 e o 10 de maio no Gaiás e no Salón Teatro coa participación de artistas e compañías de Alemaña, Bélxica, Brasil, Colombia, Cuba, Guinea Ecuatorial, México, Portugal, Lituania e España.

Santiago de Compostela, 25 de Marzo de 2026

A Xunta acorda co British Museum exhibir por vez primeira en Galicia 200 pezas sobre culturas do Pacífico

A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, vén de participar en Londres nunha reunión de traballo co British Museum para avanzar na organización da que será unha das grandes exposicións internacionais da axenda cultural deste ano: Voces do Pacífico.

Santiago de Compostela, 20 de Marzo de 2026

Galiverso

Volve o Galiverso á Cidade da Cultura, onde poderás revivir todas as experiencias inmersivas desenvolvidas ata o momento nesta iniciativa para explorar virtualmente o patrimonio cultural e natural de Galicia.

Unha banda deseñada chispeante | Obradoiro na Biblioteca de Galicia con motivo do Día do Cómic

Queres deseñar o teu propio personaxe a través do xogo e do humor? En conmemoración do Día do Cómic, a Biblioteca de Galicia organiza o obradoiro Unha banda deseñada chispeante, da man da ilustradora Sandra Lodi, autora da novela gráfica Adelina, XIX Premio Castelao de banda deseñada 2024.

Escenas do cambio 2026

Escenas do cambio 2026 propón un programa no que latexan tres correntes interconectadas: o impulso do que persiste, o do que se revela e o que se reinventa. Revelesencia é o termo —entre revelación, efervescencia e esencia— co que Kirenia Martínez, directora artística do festival, define unha liña de programación que interrelaciona estes tres camiños a través das artes escénicas.

'Gaiás en xogo' pon en valor a dimensión artística do xogo cunha xornada no Museo ateigada de actividades creativas

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe a primeira edición de Gaiás en xogo, unha recente incorporación á programación da Cidade da Cultura que se propón estimular a creatividade na infancia a través da dimensión artística do xogo. Ao longo de toda a xornada de hoxe, o Museo Centro Gaiás acolle así un amplo abano de actividades que inclúen desde obradoiros de experimentación artística a instalacións sensoriais e arquitecturas inchables.

Santiago de Compostela, 13 de Marzo de 2026

Chega á Coruña a exposición ‘Outras historias posibles’, unha mirada máis ampla e diversa da arte contemporánea galega

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente de Afundación, a obra social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, inauguraron hoxe a exposición Outras historias posibles na sede de Afundación na Coruña. A mostra, que se pode visitar ata o 30 de maio, promove unha mirada máis diversa sobre a arte contemporánea galega a través  das traxectorias de seis destacadas creadoras: Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré.

Santiago de Compostela, 10 de Marzo de 2026

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS