Cheo absoluto en Escenas do cambio 2020 na súa última fin de semana

Escenas do cambio -o Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- despide esta fin de semana a súa segunda edición cun cheo absoluto na peza de hoxe do dramaturgo catalán Roger Bernat Please, continue (Hamlet), na que se someterá a un xuízo real o personaxe de Shakespeare cun equipo xudicial en activo e no que os espectadores exercerán de xurado popular.

Santiago de Compostela, 07 de Febreiro de 2020

O xenocidio de Ruanda e un xuízo real a Hamlet para a recta final de Escenas do cambio 2020

Escenas do cambio -o Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- encara xa a súa segunda e derradeira semana da edición de 2020 coa representación de cinco pezas, entre as que se atopa o relato contado, cantado e bailado dunha sobrevivente do xenocidio de Ruanda e un xuízo real ao personaxe literario Hamlet para o que se contará cu

Santiago de Compostela, 05 de Febreiro de 2020

As relacións nai-filla e a loita pola dignidade da comunidade xitana, en Escenas do cambio 2020

Escenas do cambio 2020 -o Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- fai uso esta fin de semana do baile flamenco e da danza contemporánea, respectivamente, como ferramentas da arte útiles na loita contra a marxinalidade de etnias —a xitana, no caso de Ahora bailo yo, de Leonor Leal— ou para establecer vínculos materno-filiais, na obra M/others,

Santiago de Compostela, 04 de Febreiro de 2020

'Reb/veladas na paisaxe', en Lalín

A Xunta de Galicia exhibirá en Lalín (Pontevedra), do 8 de febreiro ao 22 e marzo, as pezas artísticas de Reb/veladas na paisaxe, ciclo organizado pola Fundación Cidade da Cultura e que forma parte da programación do Xacobeo 2021, xa que as tres intervención están vencelladas conceptualmente co Camiño de Santiago. A itinerancia destas obras será posible grazas a unha colaboración co Museo Municipal de Lalín Ramón María Aller Ulloa.

Santiago de Compostela, 31 de Xaneiro de 2020

Cándido Fernández Mazas|Día da Ilustración

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe, con motivo do Día da Ilustración dedicado a este ano ao ilustrador, artista e escritor galego Cándido Fernández Mazas, a exposición Signos dunha quimera, unha mostra que permanecerá aberta ao público na Biblioteca de Galicia ata o vindeiro mes de maio.

Santiago de Compostela, 31 de Xaneiro de 2020

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS