Feijóo destaca que ‘Galicia, un relato no mundo’ agrupa retazos dunha historia na que sentirnos a gusto todos os galegos

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á exposición Galicia, un relato no mundo, no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura, como unha mostra “prodixiosa” que fai presente o pasado e que permite agrupar retazos dunha historia na que podemos sentirnos a gusto todos os galegos.

Santiago de Compostela, 14 de Novembro de 2019

O Calixtino e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana pechan a recepción das obras de ‘Galicia, un relato no mundo’

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu esta mañá na Cidade da Cultura á instalación en sala das dúas pezas cedidas pola Biblioteca Vaticana para a súa exhibición en Galicia, un relato no mundo: un exemplar do Liber Sancti Iacobi (Códice Calixtino) e o Cancioneiro da Vaticana –peza imprescindible da lírica galego portuguesa que se poderá ver en Galicia por vez primeira–.

Santiago de Compostela, 13 de Novembro de 2019

Máis de 14.400 persoas en 'Argallar', a exposición para xogar coa arquitectura do Gaiás

A exposición da Xunta de Galicia no Gaiás para xogar coa arquitectura, Argallar, pechou esta pasada fin de semana con máis de 14.400 persoas en tan só 51 días que estivo aberta na Cidade da Cultura de Galicia. Deste número, un total de 2.500 visitas foron escolares procedentes de medio cento de centros de toda Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de Novembro de 2019

Conferencia sobre comunicación e emprendemento coa lingüista e divulgadora Estrella Montolío

A Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 21 de novembro a conferencia O poder da conversa: comunicar para emprender, na que a catedrática de lingüística e divulgadora Estrella Montolío porá o foco na grande esquecida da comunicación na contorna profesional: a conversa.

Santiago de Compostela, 10 de Novembro de 2019

Unha aposta pola realidade virtual e aumentada para mergullarse en 'Galicia, un relato no mundo'

A mostra Galicia, un relato no mundo, que a Xunta inaugura no Gaiás a próxima semana, concibe as novas tecnoloxías como un elemento central do relato da exposición, empregando sistemas punteiros de realidade virtual, realidade aumentada e dispositivos de detección sensorial.

Santiago de Compostela, 10 de Novembro de 2019

Chega ao Gaiás o ‘Itinerario de Exeria’, aristócrata galaicorromana considerada a primeira escritora da Península

O primeiro relato de viaxes do que se ten constancia en España foi escrito hai 16 séculos por unha aristócrata da Gallaecia romana, Exeria, que movida pola curiosidade por coñecer os escenarios bíblicos emprendeu unha peregrinación desde Galicia ata Terra Santa.

Santiago de Compostela, 07 de Novembro de 2019

Jaime Altozano e 'El Barroquista' xuntos no Gaiás na xornada #CulturaLike

A Xunta de Galicia organiza para o vindeiro sábado 23 de novembro #CulturaLike, unha xornada que reunirá no Gaiás dous divulgadores culturais que están a triunfar nas redes sociais cos seus contidos: Jaime Altozano, con máis de dous millóns de seguidores, e o galego Miguel Ángel Cajigal, máis coñecido como El Barroquista, con máis de 40.000 só na canle de Twitter.

Santiago de Compostela, 06 de Novembro de 2019

Formación para apoiar proxectos emprendedores no eido cultural, de mozos e mozas en situación de desemprego

Desde hoxe e ata o vindeiro 20 de decembro, un total de 25 mozos e mozas menores de 30 anos á procura de ampliar e mellorar as súas competencias profesionais poderán formarse na Cidade da Cultura a través do programa Transformación dixital, xestión empresarial e emprendemento nas industrias culturais e creativas. Trátase dunha iniciativa formativa da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compost

Santiago de Compostela, 04 de Novembro de 2019

A 'Santa' de Asorey, símbolo da fortaleza da muller labrega galega que levaba case 70 anos no Uruguai, chega ao Museo Gaiás

O Museo Centro Gaiás acolle xa a escultura Santa de Francisco Asorey, que foi instalada esta mañá na sala de exposicións que a albergará ata abril de 2020 no marco de Galicia, un relato no mundo, a primeira das tres grandes exposicións xacobeas que terán lugar nos anos 19, 20 e 21. No acto de recepción da peza estiveron presentes o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o comisario da mostra, Manuel Gago, e a neta do escultor, Carmen Asorey, entre outras autoridades.

Santiago de Compostela, 04 de Novembro de 2019

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS