Volve a Maker Faire Galicia a un Museo Gaiás virtual que acollerá a presentación de 60 proxectos de sete países
A Cidade da Cultura, transformada nun entorno virtual en 360 graos, acolle un ano máis a Maker Faire Galicia, que chega á súa sétima edición repetindo co formato totalmente en liña estreado en 2020, que a converteu nunha das primeiras feiras maker do mundo realizada integramente a través da rede.