Día dos Museos 2021

O ICOM (Consello Internacional de Museos) propón para celebrar este ano o Día Internacional dos Museos (18 de maio) repensalos e reimaxinalos, tal e como fixo o Museo Centro Gaiás cando na pandemia apostou pola programación en liña e en novos formatos para achegar a súa programación aos fogares, e tamén por achegar as súas exposicións a través de visitas virtuais e en liña, non só ás casas, senón tamén as aulas, ante a imposibilidade da asistencia presencial  polas medidas de seguridade sanitaria.

Por este moivo, a longo de toda a xornada do 18 de maio, o Museo Centro Gaiás vai potenciar estes recursos cos que conta e cos que foi pioneiro incoporándoos para nesta efeméride ofrecer visitas en liña e en aberto, co obxecto de que neste día lectivo e laborable se poidan chegar os seus contidos a todas aquelas persoas interesadas. Un xeito de que descubradas non soamente as exposicións de forma profusa e polo miúodo, se non tamén un innovador xeito de pór en valor os traballos do departamento didáctico dun museo, e do seu persoal.

Velaquí a programación que amosa que repensamos e reimaxinamos o Museo Centro Gaiás:

  • De 10 a 14 horas | Programa de visitas en liña para centros escolares. Nun novidoso sistema de visitas os centros poderán coñecer de primeira man os contidos da exposición Faraón. Rei de Exipto dende a súa propia aula.
  • 17 horas |  Visita en liña Faraón. Rei de Exipto para público xeral | Inscríbete para seguila nesta ligazón
  • Estrea en Santiago de Compostela de Formas da Aparencia, peza audiovisual da artista Verónica Vicente e creada dentro das Residencias Artísticas dos Gaiás REGA en colaboración co RESIS Festival | Pantallas coa proxección de 10 a 20  horas no andar primeiro e segundo do Museo Centro Gaiás

 
Exposicións