O Arquivo de Galicia festexa o Día dos Arquivos cunha exposición sobre o Camiño de Santiago

A Xunta de Galicia súmase á celebración do Día Internacional dos Arquivos con Camiños, Paisaxe e Patrimonio, a nova mostra do Arquivo de Galicia que foi inaugurada hoxe co gallo desta efeméride polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo.

Santiago de Compostela, 09 de Xuño de 2021

O Gaiás no Camiño

Nun momento tan sinalado como este Xacobeo 2021·22 convidámosvos a unha descuberta guiada polos vencellos que ten a Cidade da Cultura co Camiño de Santiago, desde os primeiros planos do proxecto arquitectónico -realizado a semellanza do trazado das rúas da cidade vella compostelá-, aos últimos detalles construtivos que se foron incorporando ao complexo.

As miradas de Isaac | A Coruña

As miradas de Isaac é a primeira grande exposición sobre Díaz Pardo despois do seu falecemento (5 de xaneiro de 2012) e organizouse facéndoa coincidir co centenario do nacemento (22 de agosto de 1920) co obxecto de situar como merece na  historia de Galicia ao responsable de achegas tan relevantes como Sargadelos, o Laboratorio de Formas, Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información ou o Museo de Arte Contemporánea 

Camiños, Paisaxe e Patrimonio | Día Internacional do Arquivos

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Arquivos, no ano en que celebramos un novo Ano Santo, no Arquivo de Galicia procúrase abordar un percorrido polas diferentes rutas que desde hai máis de milleiros de anos transitan vellos e novos viaxeiros na súa peregrinación a Santiago a través dos documentos que se custodian no Arquivo de Galicia.

Arrinca a Maker Faire, nun Museo Gaiás virtual e con preto de 4.000 participantes inscritos

Un Museo Centro Gaiás convertido en contorna virtual en 360º acolle a partir de mañá a Maker Faire Galicia, que repite este ano cun formato enteiramente en liña no que argalleiros de sete países diferentes –España, A Arxentina, O Xapón, México, EE.UU., Portugal e O Brasil– presentarán os seus proxectos.

Santiago de Compostela, 01 de Xuño de 2021

Conferencia maxistral de Marie Vandenbeusch, comisaria de 'Faraón. Rei de Exipto'

Marie Vandenbeusch, comisaria de Faraón. Rei de Exipto e comisaria de proxectos no departamento de Antigo Exipto e Sudán do British Museum, impartirá unha conferencia plenaria -a través de videoconexión en directo desde Londres- na que aportará a súa visión como especialista máxima das pezas exhibidas neste mostra, para comprender mellor a forma de vida e o contexto dos gobernantes do Val do Nilo.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS