O GaiásTech abre as súas portas cunha xornada sobre intelixencia artificial e colaboración público privada na transformación dixital

A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.

Santiago de Compostela, 23 de Xuño de 2021

A beleza da ruína | Ángela de la Cruz en «Os brancos segredos do seu ventre»

Na exposición «Os brancos segredos do seu ventre» é importante a presenza de artistas galegos e galegas con proxección internacional, como Ángela de la Cruz, Premio Nacional de Artes Plásticas e candidata aosTurner, os galardóns de arte máis coñecidos e prestixiosos do Reino Unido que outorga anualmente a Tate de Londres.
 
Galego

Convocado o concurso artístico para crear unha obra sobre o camiño de Santiago nos exteriores da Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura de Galicia vén de convocar un concurso dirixido a artistas de entre 18 a 40 anos para crear unha obra de arte vinculada co Camiño de Santiago que ocupará un lugar destacado nos exteriores do Gaiás.

Santiago de Compostela, 20 de Xuño de 2021

Arte, arquitectura, natureza e Camiño de Santiago, protagonistas das visitas comentadas ao Gaiás deste verán

A Xunta de Galicia reforza este verán o programa de visitas comentadas da Cidade da Cultura de Galicia con diferentes opcións para coñecer a arquitectura e funcionamento do complexo, as intervencións artísticas e paisaxísticas nos espazos verdes ou os vencellos entre C o Camiño de Santiago. Estes tres novos xeitos de achegarse ao Gaiás veñen a completar a actual oferta de visitas guiadas ás exposicións Faraón.

Santiago de Compostela, 15 de Xuño de 2021

'As miradas de Isaac' exhíbese na Coruña a partir do 29 de xuño

A Xunta de Galicia e Afundación levan á Coruña do 29 de xuño ao 28 de agosto As miradas de Isaac, exposición coa que se procura difundir a figura de Díaz Pardo e que durante os seis meses de exhibición na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela —do 26 de novembro ao 30 de maio de 2021— foi visitada por máis de 26.000 persoas.

Santiago de Compostela, 11 de Xuño de 2021

Expertos galegos, nacionais e internacionais, consultados na elaboración do II Plan Estratéxico do Gaiás

A Cidade da Cultura de Galicia convidou a profesionais da xestión cultural, responsables de centros internacionais e Capitais Europeas da Cultura, e tamén a entidades privadas que realizan labores de mecenado no eido das industrias creativas, a reflexionar e achegar propostas de mellora sobre o complexo en diversos paneis de discusión.

Santiago de Compostela, 10 de Xuño de 2021

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS