- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH
Vacinación da covid | Información
A Consellería de Sanidade elixiu a Cidade da Cultura como un dos puntos da vacinacion masiva contra a covid-19. Desde o pasado 6 de abril estáse a convocar na Sala Eisenman e através do acceso dos aparcamentos 1 e 2

10 anos, 10 autores, 10 libros | Biblioteca de Galicia
A Biblioteca de Galicia convida a dez dos nosos autores/as máis representativas para que compartan co público asistente as súas experiencias ao redor dunha obra senlleira da literatura galega, dentro da súa programación especial polo décimo aniversario da Biblioteca de Galicia.
O obxectivo non será que falen da súa propia obra, senón dalgún título da nosa literatura, seleccionado por eles mesmos, que lles marcarana súa traxectoria como lectores e, sobre todo, como creadores de literatura.
Dez anos medrando coa cativada | Biblioteca de Galicia
Volven as actividades familiaresá Biblioteca de Galicia!
A vosa cativada seguro devecía por argallar, crear e divertirse aprendendo coa cultura entre os andeis da Biblioteca de Galicia, que xusto este ano cumpre dez anos. Unha década na que non parou de programar actividades para os vosos pequenos e pequenas durante as fins de semana, para facelos sentir como unha segunda casa, onde seguir aliméntadolles o interese polos libros, pola lectura, polo teatro, pola arte, polo deseño, pola arquitectura, pola música e ata pola ciencia!
Clásicas desfeitas baixa o pano no Gaiás cunha reinterpretación de textos de Virgina Woolf, Camus e Stravinsky
O ciclo Clásicas desfeitas organizado pola Xunta de Galicia ofreceu hoxe no Museo Centro Gaiás a súa última peza, para a que se esgotaron todas as entradas. Os textos de Orlando, de Virginia Woolf; O mito de Sísifo de Albert Camus; e A consagración da primavera de Stravinsky inspiraron a Gena Baamonde, Rut Balbís e Manuel Lago para artellar unha versión colectiva destas obras a través da danza.
Unha selecta escolma de arte exipcio procedente do British Museum pode verse desde este sábado no Gaiás
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a exposición Faraón. Rei de Exipto, composta por 140 pezas das coleccións do British Museum, un dos máis prestixiosos e visitados museos do mundo.
Visitas didácticas en liña | Os brancos segredos do seu ventre
Tras o éxito das visitas didácticas para os centros escolares emitidas en liña desde o Museo Centro Gaiás por mor das restricións presenciais motivadas pola covid-19, a Cidade da Cultura volve activar este modelo para a recén inaugurada nova mostra: Os brancos segredos do seu ventre
Visitas comentadas | Faraón. Rei de Exipto
Aínda que podes visitar Faraón. Rei de Exipto con entrada libre e de balde, se queres unha experiencia máis completa podes reservar praza para as visitas comentadas co persoal de guías da Cidade da Cultura de Galicia.
Orixinal viveiro de sementes nas Hejduk coa intervención artística 'O perpetuo tránsito cara ao presente'
O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe nas Torres Hejduk O perpetuto tránsito cara ao presente, unha intervención artística do enxeñeiro forestal Miguel Moreno Mateos (Madrid, 1978), quen reconstrúe un orixinal sistema de rego, composto por 17 esferas de cristal de diferentes tamaños e feitas artesanalmente, en cuxo interior hai material orgánico (minerais, crustáceos, pedras...).
Clásicas desfeitas | O chibo expiatorio feito arte
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- …
- seguinte ›
- última »