Unha vintena de mozos fórmanse en desenvolvemento de videoxogos da man da Xunta e a Cámara de Comercio
Un total de 25 mozas e mozos galegos menores de 30 anos comezan hoxe o curso formativo Videoxogos e emprendemento, un programa de sete semanas de duración promovido pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Xunta –a través da Fundación Cidade da Cultura– e a Fundación Incyde. A iniciativa proponse promover o éxito empresarial entre os participantes, xa sexa a través de novas oportunidades de crecemento profesional ou apoiando o nacemento e consolidación de novos proxectos de negocio e a creación de empresas.