MuseumWeek'21

A Cidade da Cultura únese á # MuseumWeek 2021 dedicando 7 días, 7 ideas e 7 cancelos á creatividade.
 
O Museo Centro Gaiás súmase un ano máis a esta celebración que pretende estimular o espírito de creatividade e creación, especialmente nos máis novos, e difundir contido cultural relevante para facer máis accesible o coñecemento a todos os públicos.
 

COORDENADAS. Diálogos Literarios da Fundación Carlos Casares

COORDENADAS é unha actividade literaria para Santiago de Compostela no ronsel dos Diálogos Literarios clásicos da Fundación Carlos Casares, que se desenvolveron desde 2004 a 2012 entre Mariñán (Bergondo) e Santiago de Compostela.

A súa adaptación ás novas circunstancias ten en conta tres eixes fundamentais:

➖ A evolución dos públicos

➖ As tendencias do mercado editorial

➖ O agromar de novas linguaxes.

Medio centenar de creadores e científicos imaxinan a 'Galicia futura' na grande exposición do Xacobeo en 2021

A Xunta de Galicia convida a medio centenar de creadores, dos ámbitos das artes plásticas, as letras, as ciencias ou o audiovisual, a imaxinar xuntos a Galicia futura, título da que será a grande exposición do Xacobeo neste ano 2021.

Santiago de Compostela, 31 de Maio de 2021

'As miradas de Isaac' clausúrase no Gaiás cun concerto de cuarteto de corda, tras ser vista por máis de 26.000 persoas

A Cidade da Cultura de Galicia despediu hoxe a exposición As miradas de Isaac cun concerto no Museo Centro Gaiás do cuarteto de corda 'Grupo Instrumental s. XX' con todas as entradas, previa retirada de convite, esgotadas. Deste xeito especial clausurouse a primeira gran mostra realizada pola Xunta de Galicia en homenaxe á figura de Díaz Pardo, co gallo de cumprirse en 2020 o centenario do seu nacemento, e que recibiu máis de 26.000 visitantes durante os seis meses da súa exhibición no Museo Centro Gaiás, desde o pasado 6 novembro ata este 30 de maio.

Santiago de Compostela, 31 de Maio de 2021

Francisco Leiro realizará unha intervención artística sobre o Camiño para o Bosque de Galicia

O escultor Francisco Leiro, un dos artistas plásticos galegos en activo con maior proxección no panorama internacional, realizará unha intervención artística sobre o Camiño de Santiago que se situará no Bosque de Galicia –na aba do Monte Gaiás que se abre sobre a cidade de Compostela– establecendo así un diálogo coa Cidade da Cultura e a Vía da Prata, que discorre paralela ao complexo na súa entrada á capital de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de Maio de 2021

Os días "M" da Biblioteca de Galicia

A Biblioteca de Galicia xa ten artellada a súa programación familiar para xuño que xirará ao redor das dúas grandes celebracións deste mes: 

Día do Medio Ambiente 

Día da Música 

Para sensibilizar sobre o respecto e protección do medio e para pór en valor o papel que xoga a música nas nosas vidas, tanto no espazo de lecer, de benestar, de cultural e como industria cultural a Biblioteca de Galicia organiza:

Galego

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS