O papel da muller na cultura urbana galega, protagonista dun encontro no Gaiás

A Cidade da Cultura acolleu esta fin de semana o encontro Mulleres e Cultura Urbana, un evento impulsado por 7H Cooperativa Cultural co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 que procura fomentar o intercambio de experiencias, a creatividade colectiva e o espírito crítico na abordaxe das desigualdades de xénero no sector.

Santiago de Compostela, 04 de Setembro de 2021

O Gaiás acolle unha das estadías artísticas do programa Cruzamentos, dentro do III Camiño Escena Norte

Camiño Escena Norte, programa de intercambio cultural con Asturias, Cantabria e País Vasco, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia, onde conta co financiamento da Xunta para levar a cabo a súa programación de teatro e danza. O vindeiro 12 de setembro arranca esta nova edición que, baixo o lema Volver camiñar, percorrerá o Camiño do Norte ata o 10 de outubro para ofrecer nove funcións en Arzúa, Lugo, Melide, Mondoñedo, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sobrado e Vilalba.

Santiago de Compostela, 03 de Setembro de 2021

WOS Talks x Fest Galicia 3.0: Zoom in | Programa de faladoiros

A Cidade da Cultura acolle un ano máis as WOS Talks x Fest Galicia, un espazo para o debate e o pensamento, onde dar luz e xerar interrogantes sobre o presente e o futuro dos artistas, a cultura e o mundo ante a chegada do chamado “Internet dos bens”, capaz de alterar calquera contexto ao seu paso, e dentro dun ano que re-definiu as nosas vidas e nos levou á reflexión ante os cambios de paradigma.

WOS Talks x Fest Galicia 3.0: Zoom in

A Cidade da Cultura acollerá un ano máis a celebración das WOS Talks x Fest Galicia, un dos eixos vertebradores do WOS Festival x SON Estrella Galicia e un espazo idóneo para aprender de primeira man sobre os novos avances tecnolóxicos e a súa aplicación na música e na arte de vangarda. Nesta edición, o tema central será a web 3.0 e as súas consecuencias, con tres charlas moderadas por Cora Novoa e Frankie Pizá e organizadas arredor de tres temas: Artistas 3.0, Cultura 3.0 e Metaversos 3.0.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS