WOS Talks x Fest Galicia 3.0: Zoom in

A Cidade da Cultura acollerá un ano máis a celebración das WOS Talks x Fest Galicia, un dos eixos vertebradores do WOS Festival x SON Estrella Galicia e un espazo idóneo para aprender de primeira man sobre os novos avances tecnolóxicos e a súa aplicación na música e na arte de vangarda. Nesta edición, o tema central será a web 3.0 e as súas consecuencias, con tres charlas moderadas por Cora Novoa e Frankie Pizá e organizadas arredor de tres temas: Artistas 3.0, Cultura 3.0 e Metaversos 3.0. Entre os e as relatoras sitúanse nomes tan relevantes como B-Flecha ou Arnau Sabaté.

A continuación dos faladoiros, ás 19.30 horas, terá lugar na galería subterránea da Cidade da Cultura o programa musical do encontro, cun concerto de Driftmachine. O dúo de sintetizadores modulares alemán chega ao festival co seu son simétrico e obsesivo, co que levan anos a explorar as capacidades do sintetizador na procura de novos sons que rompan co establecido. Un directo dunha formación poucas veces vista en España pero cunha grande traxectoria ás súas costas.

Programa de faladoiros | Máis información | Reservar convite

16:00 | Talk 1 | 3.0: Zoom in: Artistas 

  • Arnau Sabaté
  • Gad Yola
  • B-Flecha

17:00 | Talk 2 | 3.0: Zoom in: Cultura

  • Nano 4814
  • Alex Trias
  • Micaela Ruiz

18:00 | Talk 3 | 3.0: Zoom in: Metaversos

  • Gema FB Martin
  • Ontologías Feministas
  • Xeito Fole

Programa musical | Incluído no programa xeral do WOS Festival [entradas esgotadas]

19.30 h | Driftmachine [Apertura de portas ás 19.00]

Grupo de sintetizadores modulares formado en Berlín por Andreas Gerth (Ogonjok, Tied & Tickled Trio) e Florian Zimmer (Fred is Dead, iso68, Jersey, Lali Puna), dúas prolíficas caras da música alemana que se xuntaron neste grupo de ambient, pero onde tamén tocan outros estilos coma o techno ou o post-industrial.

En 2014 lanzaron o seu primeiro álbum xuntos, Nocturnes. O seu directo componse de dous sistemas modulares, que funcionan en sincronía. Soan obsesivos. Directos. Simétricos. Crean un profundo e elegante son multicapa baseado nos fundamentos da síntese modular, pero sempre sendo capaces de sorprender.

En marzo deste 2021 lanzaron o seu quinto longo, Spume & Recollection, onde a agrupación é capaz de manterse fiel ao seu estilo, pero innovando, con cálidos e melosos ritmos, e sendo capaces de crear excelentes composición.

Ademais, xa a partir das 16.45, o Xardín Literario da Cidade da Cultura acollerá un DJ set a cargo de Fatfish, veterano DJ, promotor e coleccionista de vinilos coruñés ao que avalan uns 30 anos detrás dos platos e o seu traballo en festivais como o Sónar, Phonótica, Festimad, Obseratori, 981 Heritage ou Move, entre tantos outros. Especializado nas vangardas dos séculos XX e XXI, actualmente dirixe Modulartec, o encontro de síntese modular da Coruña.