Escritoras/es noveis comparten na Residencia Literaria do Gaiás inquedanzas e experiencias creativas con Sara Mesa, Berta Dávila e Javier Peña

A Cidade da Cultura de Galicia está a celebrar estes días a Residencia Literaria das REGA (Residencias Literaria do Gaiás) que conta coa participación de dez escritores e escritoras noveis, que están a intercambiar inquedanzas, experiencias e coñecementos creativos coa oportunidade de compartilas con grandes figuras do panorama literario actual, como son Sara Mesa e Berta Dávila.

Santiago de Compostela, 07 de Xullo de 2021

‘Carta de Santiago’: un encontro internacional para promover a reflexión sobre os retos da cultura e a sociedade do futuro

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciou esta mañá a celebración o próximo mes de novembro de Carta de Santiago, un encontro internacional impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Paideia Galiza no marco do Xacobeo 21-22, que nace coa vocación de converterse nun gran espazo de reflexión para dar resposta aos desafíos globais que enfronta a sociedade despois dunha crise sanitaria

Santiago de Compostela, 05 de Xullo de 2021

A Cidade da Cultura avanza ao seu padroado os eixes dun novo Plan estratéxico marcado pola expansión da actividade

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, presidiu esta mañá unha reunión do padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Nela avanzáronse as liñas centrais do que será o II Plan Estratéxico Gaiás 2021-2027, a folla de ruta que se está a elaborar e que marcará a dirección do Gaiás entre 2021 e 2027, nun período que estará marcado pola expansión da súa actividade.

Santiago de Compostela, 30 de Xuño de 2021

Cinco concertos nos espazos exteriores do Gaiás para festexar o Día da Música

A Xunta de Galicia festexa a tarde de hoxe o Día da Música coa celebración de cinco concertos de artistas internacionais nos espazos exteriores Cidade da Cultura de Galicia, vencellados cada un deles ás cinco rutas do Camiño de Santiago, e para o que se esgotaron todos os convites dispoñibles o mesmo día en que se activaron.

Santiago de Compostela, 28 de Xuño de 2021

Medio centenar de mozos completan a súa capacitación nos eidos da creatividade dixital e o emprendemento na industria cultural

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Fundación Incyde, promove a capacitación profesional de 50 mozas e mozos menores de 30 anos, profesionais no ámbito das industrias culturais, que participaron en dous programas formativos sobre e transformación dixital, xestión empresarial e emprendemento no eido cultural e sobre emprendemento na industria dos videoxogos e a creatividade dixital.

Santiago de Compostela, 24 de Xuño de 2021

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS