A Orquestra Sinfónica de Galicia, o circo e maxia, protagonistas do Nadal no Gaiás 2021
A Xunta de Galicia dá a coñecer este domingo no marco da feira Culturgal, celebrada en Pontevedra, as actividades de Nadal que terán lugar no Gaiás a partir do 17 de decembro. A programación conta cunha instalación no interior do museo a cargo da recoñecida artista Ana Inés Jabares-Pita, que recreará o Camiño de Inverno a través de bólas de neve a escala humana.