A exposición 'As miradas de Isaac' despide a súa estancia na Coruña con máis de 4.000 visitas e viaxa agora a Vigo

A exposición As miradas de Isaac, organizada pola Xunta de Galicia, concluíu onte a súa estadía na sede de Afundación da Coruña tras dous meses de exhibición e ser visitada por máis de 4.000 persoas. Estas cifras sumadas ás que a transitaron durante a súa permanencia en Compostela, elevan a 30.000 o número total de visitantes da mostra en Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de Agosto de 2021 a Santiago de Compostela, 30 de Agosto de 2021

A Biblioteca de Galicia retoma este venres o ciclo '10 anos, 10 autores, 10 libros' coa escritora Fina Casalderrey

A Biblioteca de Galicia reinicia en setembro a programación coa que celebra o seu décimo aniversario. Esta semana volve poñer en marcha o ciclo 10 anos, 10 autores, 10 libros, deseñado co obxectivo de que algunhas das nosas voces narradoras máis representativas compartan co público as súas suxestións literarias. A primeira cita será este venres 3 ás 19,00 horas coa autora Final Casalderrey.

Santiago de Compostela, 30 de Agosto de 2021

A intervención artística 'En terra firme' transforma as Torres Hejduk nun 'faro xacobeo'

A Xunta de Galicia vén de transformar as Torres Hejduk da Cidade da Cultura nun faro xacobeo a través dunha intervención artística efémera que, baixo o título En terra firme, mergulla as persoas visitantes nunha experiencia que alude á propia luz dos faros da costa galega, como guía e meta da travesía vital, nunha alegoría do Camiño de Santiago como experiencia de transformación persoal.

Santiago de Compostela, 26 de Agosto de 2021

‘Atardecer no Gaiás' despídese esta semana cos concertos de Pedro Mafama e Blanco Palamera

Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, pecha a edición deste ano con dous concertos que dan conta da súa aposta pola visibilidade de músicas diversas e anovadoras e pola atención á escena musical galega.

Santiago de Compostela, 25 de Agosto de 2021

Arranca o #EAN11 coa benvida aos 40 creadores emerxentes participantes neste undécimo Encontro de Artistas Novos

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, deulles esta mañá a benvida aos 40 creadores e creadoras que participan na undécima edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, EAN11. Co obxectivo de apoiar a arte emerxente e promover a creación contemporánea, o Encontro ofrece a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás, durante a que compartir experiencias e procesos creativos e aprender de artistas consolidados como Abel Azcona, Marina Vargas, Eugenio Merino ou Eva Díez, que participan como relatores nesta edición.

Santiago de Compostela, 23 de Agosto de 2021

‘Faraón. Rei de Exipto’ despídese do Museo Gaiás superando os 76.000 visitantes

A exposición Faraón. Rei de Exipto, froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fundación ”la Caixa” e o British Museum no marco do Xacobeo 21-22, despediuse o domingo da Cidade da Cultura tras congregar 76.367 visitantes desde que abrira as súas portas o pasado mes de marzo. Convértese así na mostra máis concorrida da historia do Museo Centro Gaiás, tanto en números absolutos como en media diaria –cifra que se situou nos 621 visitantes mensuais–.

Santiago de Compostela, 17 de Agosto de 2021

A Xunta apoia a creación pictórica feminista no encontro de cultura urbana ‘Delas Jam’

A Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 4 de setembro a segunda edición da Delas Jam, un encontro de improvisación pictórica promovido pola 7H Cooperativa Cultural co apoio da Xunta de Galicia a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.

Santiago de Compostela, 03 de Agosto de 2021

A Xunta únese ao programa Charco na promoción do intercambio artístico de vangarda entre Galicia e México

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura convértese en 2021 nunha das sedes das Residencias Charco, unha iniciativa de intercambio artístico que busca afondar na conexión cultural entre España e Latinoamérica. Do 1 de xullo ao 6 de outubro, dúas artistas mexicanas e outras dúas galegas conectan creativamente as dúas beiras do Atlántico no desenvolvemento de catro propostas artísticas entre Galicia e México.

Santiago de Compostela, 31 de Xullo de 2021

Creacións anovadoras de danza e artes vivas verán a luz no Gaiás no marco das Residencias Paraíso

Estes días transcorre no Gaiás a quinta edición das Residencias Paraíso, un programa de creación e investigación en danza e artes vivas promovido polo colectivo RPM co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e da Fundación Cidade da Cultura, e coa colaboración do Concello de Santiago, o Concello da Coruña, o Concello de Lugo, o Concello de Ferrol, a Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC, e a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

Santiago de Compostela, 23 de Xullo de 2021

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS