O IV premio de innovación bibliotecaria de Galicia recoñece o traballo da Biblioteca Xela Arias de Chapela

A Xunta de Galicia vén de recoñecer o proxecto Unha biblioteca para Xela, da Biblioteca Pública Municipal Xela Arias de Chapela (Redondela), co IV Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, que ten como obxectivo impulsar e pór de relevo os proxectos e boas prácticas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais.

Santiago de Compostela, 25 de Outubro de 2021

10 anos, 10 autores, 10 libros | Juan Tallón

O ciclo 10 anos, 10 autores, 10 libros, organizado pola Biblioteca de Galicia para celebrar o seu décimo aniversario, chega ao seu fin este venres 29 de outubro. Depois de escoitar a Arantza Portabales, Ledicia Costas, Domingo Villar, María Solar, María Canosa, Fina Casalderrey, Santiago Lopo, Pedro Feijoo e Andrea Maceiras, o autor número 10 será Juan Tallón. O autor de Rewind estará acompañado da poeta Dores Tembrás.

A porta aberta, de Lúa Gándara | Intervención gañadora EAN11

Arte en proceso para habitar as Torres Hejduk

A porta aberta é un proxecto vivencial para “habitar” as Torres Hejduk e convertelas temporalmente nun estudio artístico aberto ao público e ao diálogo. Nesta proposta plástica e performática, a artista galega Lúa Gándara (O Porriño, 1988) converte o interior das Hejduk no seu lugar de traballo durante un mes, amosando o seu proceso de creación, agasallándonos un debuxo orixinal e ofrecendo a oportunidade de conversar sobre arte e pintura abstracta.

40 líderes en ciencia, cultura, medio ambiente e cambios sociais no encontro internacional ‘Carta de Santiago’

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou esta mañá no Gaiás o contido do programa de Carta de Santiago, un dos principais eventos de reflexión no marco do Xacobeo 21-22, organizado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Paideia Galiza. Este encontro internacional, que terá lugar entre o 5 e 7 de novembro na capital galega, congregará 40 líderes en eidos como a ciencia, a cultura, o medio ambiente ou o cambio social.

Santiago de Compostela, 23 de Outubro de 2021

A primeira exposición retrospectiva adicada á escultura de Jorge Castillo inaugúrase na Cidade da Cultura

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura Castillo, escultor, a primeira exposición retrospectiva realizada ata o momento que se centra na escultura de Jorge Castillo, unha faceta artística que se ben é máis descoñecida, comparte a grandeza da súa obra pictórica, nun diálogo constante entre ambas disciplinas.

Santiago de Compostela, 20 de Outubro de 2021

A Cidade da Cultura mergúllase na figura de Valle-Inclán con Teo Cardalda e o seu espectáculo 'Claves Líricas'

A Xunta de Galicia promove o coñecemento da figura de Valle-Inclán a través do espectáculo Claves Líricas, un proxecto do músico vigués Teo Cardalda que mestura teatro e música, nunha sorte de sorprendente ópera-pop arredor da obra poética do creador do esperpento. Trátase dunha das actividades realizadas ao abeiro do Xacobeo 21-22 e poderá verse ao longo do mes de outubro –con entrada de balde– en catro localidades galegas: Gondomar, Culleredo, Vilanova de Arousa e Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 18 de Outubro de 2021

O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra

O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente. De Porto a Santiago de Compostela, as paisaxes, a vida nas prazas das aldeas, os monumentos e as escenas cotiás que foron inmortalizadas en séculos pasados volven ser motivo de inspiración baixo unha nova ollada.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS