Este primeiro trimestre do curso dende o Gaiás levaremos a cabo un completo programa didáctico composto tanto por visitas en liña como por visitas presenciais á exposición Galicia Futura.
Arte, ciencia, tecnoloxía e creatividade son algúns dos eidos do coñecemento presentes na exposición que activarán no alumnado a capacidade de reflexión e análise sobre como imaxinan a Galicia do futuro. Porque pensar no mañá provoca ilusión, e aínda mais se falamos dase coas persoas que son o futuro de Galicia.
Onde imos vivir no futuro? Que avances está a haber na ciencia galega? Como será a arte do futuro en Galicia? Como soará a nosa música? Son só algunhas das preguntas das que procuramos as respostas durante o desenvolvemento desta actividade na que o alumnado poderá ademais presentar as súas inquedanzas e reflexións sobre estes temas.
Unha exposición desafiante e provocadora, na que participan nomes como Marta Pazos, Oliver Laxe, Estíbaliz Espinosa e Rubén Ramos Balsa, man a man con destacadas mostras da innovación desenvolvida desde empresas, universidades e organismos de investigación públicos e privados do país.
