Música e creación visual contemporánea reivindican a pegada das compositoras do barroco nas 'Matinais Musicais' do Gaiás

As Matinais Musicais de outono da Cidade da Cultura de Galicia foron o escenario elixido por Gallaecia, Ensemble Barroco para a estrea de Oh, Rosas Vivas!, primeira actuación en público desta nova agrupación galega.

Santiago de Compostela, 21 de Novembro de 2021

Nova campaña de vacinación da covid na Cidade da Cultura

A Consellería de Sanidade volve escoller a Cidade da Cultura como un dos puntos de vacinación contra a covid-19 na nova campaña de vacinación que inicia este 19 de novembro de 2021. A Sala Einsenman está a ser o espazo onde se convocan ás persoas que deben vacinarse. As persoas que teñan que acudir a esta cita deben ter en conta que deben facer uso das entradas/aparcamentos 1 e 2 do complexo Gaiás, que lles facilita a chegada directa ao punto da vacinación.

Galego

Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller 2021 | Chicas nuevas 24 horas

Con motivo do 25N, Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, a Cidade da Cultura pon en marcha este mes de novembro unha serie de actividades ao redor da exposición Chicas nuevas 24 horas, iniciativa desenvolvida a partir do documental do mesmo título que busca sensibilizar á cidadanía para a prevención da trata de persoas con fins de explotación sexual.

As 'Matinais Musicais' do Gaiás arrincan esta semana cos metais da Sinfónica de Galicia homenaxeando á trompeta e ao Jazz

A Cidade da Cultura de Galicia arrinca esta fin de semana un novo ciclo de Matinais Musicais para achegar o Jazz, a música a capella e a música barroca a todos os públicos. O programa inclúe nesta edición tres concertos programados para as mañás dos domingos de novembro e decembro, coa colaboración da Orquestra Sinfónica de Galicia e o grupo Gallaecia, Ensemble Barroco.

Santiago de Compostela, 09 de Novembro de 2021

Carta de Santiago procura respostas a retos sociais como as migracións masivas da man de Joséphine Goube

A Xunta de Galicia, a través do encontro internacional Carta de Santiago, procura estes días respostas a grandes desafíos da sociedade actual como as migracións masivas, o cambio climático ou a alimentación das macro-urbes. Este foro de reflexión e debate, organizado polo Goberno galego en colaboración coa Fundación Paideia Galiza e no marco do Xacobeo 21-22, congrega hoxe no Gaiás a nomes como o da emprendedora francesa Joséphine Goube, co-fundadora e directora executiva de Techfugees for Impact.

Santiago de Compostela, 06 de Novembro de 2021

A beleza e a historia do Camiño Portugués a través das olladas de 42 dos fotógrafos máis destacables do último século e medio

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra, unha exposición composta dunha selección de 120 fotografías do século XIX ao XXI que percorren o Camiño desde O Porto a Santiago de Compostela da man de figuras consagradas e emerxentes da arte fotográfica.

Santiago de Compostela, 27 de Outubro de 2021

A Biblioteca de Galicia amosa os seus fondos máis senlleiros nunha exposición para conmemorar os seus 10 anos

A Xunta inaugurou hoxe na Cidade da Cultura unha exposición coa que se celebran os 10 anos da posta en marcha da Biblioteca de Galicia no Gaiás. Unha década na que a institución conseguiu converterse nun referente cultural custodiando importantes coleccións constituídas por documentos tan antigos como os incunables Libro de las propiedades de las cosas (1494) ou Sermones de patientia in Job (1471).

Santiago de Compostela, 26 de Outubro de 2021

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS