A Xunta conmemora o Día Mundial da Saúde Mental coa representación de 'Demente' na Cidade da Cultura

En conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental, a Cidade da Cultura acollerá o domingo 10 de outubro o espectáculo DeMente, da compañía de danza Fran Sieira. A representación terá lugar ás 20,30 horas no andar -1 do Museo Centro Gaiás e as entradas para o espectáculo xa están á disposición do público a un prezo de 5 euros na web de Ataquilla.

Santiago de Compostela, 03 de Outubro de 2021

O Arquivo de Galicia convida a percorrer a historia do ferrocarril coa exposición 'Sobre dous raís'

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca e Arquivo de Galicia a exposición Sobre dous raís: o ferrocarril no Arquivo de Galicia, un percorrido pola historia da vía férrea a través de 59 documentos que inclúen desde fotografías, a expedientes administrativos, correspondencia, billetes de tren ou folletos.

Santiago de Compostela, 29 de Setembro de 2021

A catro pés | Obradoiros para medrar, xogar e camiñar en familia

Precisamos dos pés para andar? Que pegadas deixamos nós no camiño e cales deixa o camiño en nós? A partir do concepto do camiño e da viaxe, e co propio Camiño de Santiago como eixo transversal, o ciclo A catro pés propón catro obradoiros -diferentes pero conectados- para gozar do tempo compartido en familia experimentando, creando, xogando e, en definitiva, medrando xuntas tanto a cativada coma as persoas adultas.

A Cidade da Cultura inaugura este sábado o ciclo de concertos didácticos 'Camiños de Músicas'

A Xunta programa na Cidade da Cultura de Galicia os sábados 18 e 25 de setembro dous concertos didácticos para público familiar no andar -1 do Museo Centro Gaiás. Baixo o título Camiños de Músicas, o ciclo ofrecerá un percorrido polas influencias sonoras do Camiño co fin de embarcar o público nunha peregrinación didáctica polo patrimonio musical. 

Santiago de Compostela, 14 de Setembro de 2021

O WOS volve ao Gaiás nunha 'Lite Edition' co patrocinio da Xunta baixo a marca FEST Galicia

O WOS Festival x SON Estrella Galicia celebra desde mañá venres e durante toda a fin de semana a súa Lite Edition, para a que conta cun dobre apoio económico da Xunta. Dunha banda, a través da marca FEST Galicia para a promoción da nosa Comunidade como destino musical seguro e de calidade, e doutra, como un dos 19 eventos adxudicatarios das subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a festivais profesionais de música.

Santiago de Compostela, 09 de Setembro de 2021

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS