WOS Talks x Fest Galicia 3.0: Zoom in | Programa de faladoiros

A Cidade da Cultura acolle un ano máis as WOS Talks x Fest Galicia, un espazo para o debate e o pensamento, onde dar luz e xerar interrogantes sobre o presente e o futuro dos artistas, a cultura e o mundo ante a chegada do chamado “Internet dos bens”, capaz de alterar calquera contexto ao seu paso, e dentro dun ano que re-definiu as nosas vidas e nos levou á reflexión ante os cambios de paradigma.

O internet dos bens, a Web 3.0, promete autonomía e descentralización, e ante isto, debemos pescudar que é utópico e que é real. Nas WOS Talks x Fest Galicia 3.0: Zoom in procúrase, dende diferentes puntos de vista, saber que vai pasar coa cultura e a súa distribución, pero tamén observando as súas dimensión eminentemente globais. Farémolo con tres charlas: Artistas 3.0, Cultura 3.0 e Metaversos 3.0, todas elas moderadas por Cora Novoa e Frankie Pizá.

Programa de faladoiros das WOS Talks x Fest Galicia | Reservar entrada

16:00 | Talk 1 | 3.0: Zoom in: Artistas  

Arnau Sabaté | Dj, manager musical e axente de booking en Primavera Sound. Traballou en diferentes áreas de cultura e da industria musical. Como director artístico e consultor, estivo involucrado en proxectos para o Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB), Discogs, e Jagermeister.

Gad Yola | Artista drag, migrante residente en Madrid, articula a súa creación dende unha perspectiva queer antirracista pensado desde a memoria, a afectividade e a comicidade. Forma parte de La Casa Drag Latina, colectivo de drags migrantes que reivindican o seu lugar nas escenas artísticas do contexto español, e foi poñente en diversos festivais dixitais como Cabritas resistiendo, Pussy pussy orgullo ou Usergender.

B-Flecha | Nome artístico da produtora, compositora e cantante Belén Vidal. A viguesa leva máis dunha década conxugando a vangarda sonora e o instinto pop. Pioneira na música electrónica española desde a publicación do seu primeiro disco, βeta (2013), non parou de explorar novos sons. Unha evolución que se fixo visible en Kwalia (2017) e que chegou ao seu punto álxido con ExNovo, publicado o pasado abril. Unha investigación entre a persoa física e virtual construída a partir da ensamblaxe de instrumentos orgánicos e texturas dixitais. Belén é tamén unha das cabezas de Arkestra Records, discográfica coa que edita os seus traballos, xunto ao seu compañeiro e co-produtor Mwëslee.

17:00 | Talk 2 | 3.0: Zoom in: Cultura

Nano 4814 | Artista plástico vigués que ten exposto en galerías e institucións tanto en España como no estranxeiro. Forma parte do colectivo artístico El Equipo Plástico e entre os seus proxectos poderíamos destacar a exposición Urbanitas no MARCO de Vigo, Street Art no Tate Modern de Londres, Planet Prozess en Berlín ou Crossing Borders/Crossing Boundaries no SAM Museum de San Petersburgo.

Álex Trías | Licenciado en Dereito, con posgrao en Music Business e experto en materias legais e de desenvolvemento de negocio dentro dos sectores do entretemento, a industria musical e a cultural. Responsable de asuntos legais e desenvolvemento corporativo no festival Primavera Sound (Barcelona).

Micaela Ruiz | Escritora independente e creadora de contidos. Traballou para festivais como Sónar+D, Primavera Sound e Loom Festival, onde ademais é co-creadora e curadora de Loom Senses. Agora é parte do equipo fundador de DoinGud, ecosistema de NFTs que conecta a creadores con impacto social, onde é Coordinadora de Relacións con Artistas e a Comunidade.

18:00 | Talk 3 | 3.0: Zoom in: Metaversos

Gema FB Martin | Doutora en creatividade aplicada, psicóloga e artista. Investiga o espazo que aúna tecnoloxía, arte e psicología. As súas liñas de investigación céntranse nos modelos computacionais de emocións artificiais aplicados a robótica social e o desenvolvemento de metodoloxías terapéuticas baseadas en entornos virtuais inmersivos.

Ontologías feministas | Colectivo de produción cultural especializado en virtualidade e programas educativos con perspectiva feminista formado por Laura Tabarés, Blanca Martínez Gómez e Elena Castro Córdoba. Dende o seu nacemento en 2019, realizaron multitude de talleres e charlas en centros culturais, e teñen colaborado con varios festivais como Festival Rizoma (Madrid), Femtek (Bilbao) ou MIRA Digital Arts Festival (Barcelona).

Xeito Fole | Artista multimedia e activista transfeminista antiespecista. Licenciado en Belas Artes e Máster en Artes Dixitais, as súas prácticas artísticas céntranse no cuestionamento da cultura rede, os medios dixitais e o seu impacto na representación das identidades en internet, destacando proxectos que cuestionan as identidades hexemónicas en base ao sistema sexo-xénero e de especie.

.


 
Música & Escena