Valor e mestría | O fútbol como ferramenta de superación. La Liga Genuine Santander

Os beneficios da práctica do deporte non só se limita a unha actividade física ou competitiva, chega ás esferas emocionais e psicolóxicas. E neste senso, as persoas con discapacidade apóianse no deporte non só como ferramenta para a rehabilitación senón polos efectos beneficiosos do mesmo e polo que supón de superación de barreiras e mellora da autoestima para as persoas que o practican, á vez que é un importante instrumento de inclusión social.

Xeometría para manipular

Xeometría para manipular é un obradoiro baseado no libro de Bieito Romero Xeometrías máxicas de Galicia.

Para este obradoiro non é preciso ter coñecementos previos de xeometría. Con todo, traballarase con diferentes curvas e superficies dun xeito lúdico e manipulativo, e serán os propios asistentes os/as encargados/as de crear as súas curvas e superficies.

Día do Libro | 23 de abril

Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro, a Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura, festéxao do mellor xeito posible: agasallando un libro para ampliar e completar as vosas lecturas.

Pasádevos a visitala e ademais deste regalo poderedes contemplar as exposicións que conta na mesma entrada

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura, festéxao do mellor xeito posible: agasallando un libro para ampliar e completar as vosas lecturas coa vosa cativada.

Pasádevos a visitala e, ademais deste regalo, poderedes contemplar as interesantes exposicións que conta na mesma entrada.

Día das Artes Galegas 2019: Luís Seoane | Obradoiro infantil sobre o Laboratorio de Formas

O Día das Artes Galegas está dedicado en 2019 a Luís Seoane. Con este motivo, propoñémosvos para a tarde do sábado 6 de abril un obradoiro para a cativada no que afondar na figura deste artista multidisciplinar que explorou o camiño da arte desde numerosas perspectivas (pintura, literatura, deseño gráfico ou gravado), pero que sobre todo foi un grande impulsor da cultura galega.

Dous proxectos do Gaiás, finalistas nos Premios de Arquitectura de Galicia

Dous proxectos da Cidade da Cultura —a segunda fase do Bosque de Galicia e a exposición Da árbore á cadeira— figuran como finalistas da XVIII edición dos Premios COAG de Arquitectura, do Colexio de Arquitectos de Galicia, que contou coa candidatura de 155 propostas visadas, executadas e fin

Galego

Comeza a plantación do Bosque do Camiño no Gaiás con colectivos vencellados ás rutas xacobeas

A Cidade da Cultura comezou esta mañá a plantación de árbores do Bosque do Camiño e fíxoo co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado por representantes de colectivos vencellados ás rutas xacobeas. A partir de agora, poderán facelo todos os peregrinos que desexen deixar a súa pegada na paisaxe de Compostela.

Santiago de Compostela, 16 de Marzo de 2019

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS