- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH
Dous certames fotográficos e unha xornada lúdico-formativa para pór en valor a creatividade emprendedora
O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura organiza unha nova edición de CreaGaiás, co obxectivo de darlle visibilidade e pór de relevo o traballo das persoas emprendedoras do sector cultural e creativo. Dous certames de fotografía co emprendemento como eixe e unha xornada lúdico-formativa programada para o vindeiro 11 de abril compoñen o programa desta iniciativa promovida pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a empresa de xestión cultural Correveydile.
A artesanía galega, protagonista de 'Pensar coas mans’
A Cidade da Cultura farase eco na súa vindeira exposición, Pensar coas mans.
A Cidade da Cultura contará cun Bosque do Camiño con árbores plantadas por peregrinos chegados de todo o mundo
A Cidade da Cultura contará cun Bosque do Camiño con árbores autóctonas plantadas por peregrinos chegados de todo o mundo, que deixarán a pegada da súa experiencia na paisaxe da capital de Galicia.
A Cidade da Cultura acollerá o 7 de abril a carreira solidaria de Manos Unidas en Galicia para celebrar os 60 anos desta ONG
A Cidade da Cultura acollerá o domingo 7 de abril a carreira solidaria que Manos Unidas organiza en Galicia para celebrar os 60 anos desta ONG e que se realizará, de xeito simultáneo, o mesmo día en preto de 40 localidades españolas.
Bosque do Camiño
Gustaríache que a túa experiencia do Camiño deixase unha pegada máis aló do recordo persoal que levas contigo? Ven plantar unha árbore ao Bosque do Camiño, en Santiago de Compostela.
Mesa redonda no Gaiás sobre o fútbol galego feminino contado polas súas protagonistas
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiron esta tarde á Xornada Valor e mestría. O fútbol galego contado pola súas protagonistas, que tivo lugar na Cidade da Cultura.
O Gaiás dinamiza ‘Valor e mestría’ cunha programación que revivirá partidos épicos ou xuntará futbolistas da elite con escolares
A Cidade da Cultura de Galicia prepara unha ampla e variada programación para arroupar e dinamizar Valor e mestría.
'Castelao maxistral' clausúrase este domingo como a exposición máis visitada da historia da Cidade da Cultura de Galicia
A Cidade da Cultura clausura este domingo, 3 de marzo, Castelao maxistral cun exitoso balance, xa que se trata da exposición máis visitada da historia do Gaiás, cunha cifra que supera as 40.000 persoas durante os 120 días de apertura ao público.
Debate sobre as transformacións e retos da industria musical, no Atlantic Emprende +Gaiás
A Consellería de Cultura e Turismo promove a segunda edición do Altantic Emprende + Gaiás para analizar as transformacións no sector da música e da organización de festivais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- …
- seguinte ›
- última »