Día do Libro | Concerto de Gustavo Almeida

A Cidade da Cultura celebra, dentro do programa de actividades da Dirección Xeral de Políticas Culturais para conmemorar o Día do Libro (23 de abril), un concerto de Gustavo Almeida, cantautor brasileiro que leva 20 anos en Galicia, onde se quedou tras vir xogar ao Real Club Celta.

O cantautor acaba de sacar este ano 2019 novo traballo, Vertice, o cuarto da súa carreira, onde ofrece unha mestura entre a cultura brasileira e a española con fusión de estilos. As súas raíces cariocas están presentes sempre a través de melodías, harmonías e textos, pero tamén supón un punto de inflexión xa que, nesta ocasión, mestúranse estilos coma o pop, o funk ou a canción de autor.

Vértice chega da man dun dos produtores máis respectados e valorados da escena musical española: o valenciano Nacho Mañó, integrante de Presuntos Implicados e produtor dalgúns dos máis memorables discos de Alejandro Sanz, Nena Pastori, Revólver, Lolita, Armando Manzanero e, claro, Presuntos Implicados, entre outros.

Vértice está composto por 12 temas nos que teñen cabida o pop máis sofisticado, o funk e, por suposto, a canción de autor do Brasil. Tocará estes temas, acompañado pola súa banda, no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia. Precisamente, un deles,  Foi  de repente estivo prenomeado na última edición dos Grammy latinos na categoría 'Gravación do ano'.

A biografía de Almeida  reflicte un cantautor atípico. Chegou a Galicia a mediados da década dos 80 como futbolista do Real Club Celta de Vigo. Pero finalmente a súa vea artística levouno a ser un dos referentes musicais dos escenarios galegos.

 
Música & Escena
 
Do 31 XAN - 8 FEB 2020