Actos polo Día da Muller | Presentación 'A historia cóntana as vencedoras'

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presenta o libro A historia cóntana as vencedoras (editorial Galaxia), escrito pola especialista na historia do movemento feminista Anne R. Figueiredo, obra que se acompaña dunha unidade didáctica para o alumnado de ESO e Bacharelato. Esta presentación forma parte das accións que polo Día Internacional da Muller está a desenvoler a Secretaría Xeral de Igualdade.

Máis dun cento de escolares debaten esta semana no Gaiás ao redor da obra de Castelao 'A derradeira leición do mestre'

A Cidade da Cultura bota a andar hoxe o ciclo de debates escolares O valor da educación para a construción de sociedades libres, unha actividade coa que a Xunta de Galicia quere pórlle o alfinete de ouro —xunto ao concerto deste venres da 

Santiago de Compostela, 26 de Febreiro de 2019

Un concerto da Orquestra de Cámara Galega despedirá 'Castelao maxistral'

A Consellería de Cultura e Turismo despedirá cun concerto da Orquestra de Cámara Galega a exposición Castelao maxistral, a mostra organizada por la Xunta de Galicia na Cidade da Cultura que está a brindar a oportunidade de contemplar por vez primeira en Galicia A derradeira leición do mestre, o lendario óleo pintado polo intelectual e artista de Rianxo en Buenos Aires (Arxentina).

Santiago de Compostela, 03 de Xaneiro de 2019

Inaugurada 'Valor e mestría' a mostra máis ambiciosa sobre a historia do fútbol galego

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou hoxe a mostra Valor e mestría. Galicia como fútbol como unha oportunidade única para coñecer o rostro máis nobre do deporte e entender a importancia das metas colectivas e das visións compartidas. “Estamos a falar dunha oportunidade para coñecer de primeira man a historia e aos protagonistas dun deporte que é algo máis, pola súa innegable incidencia social, económica e mesmo ideolóxica”, aseverou.

Santiago de Compostela, 15 de Febreiro de 2019

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS