Cidade Rompetiño 2019

O teu é a cultura urbanaTes unha cita a non perder o sábado 25 de maio na Cidade da Cultura de Galicia. Celebramos Cidade Rompetiño, unha xornada de oito horas con música e deportes de acción na Praza Central e no Xardín do Teatro do Gaiás.

Cidade Imaxinaria recibe a centos de familias para gozar dunha tarde de circo e fantasía

A Cidade da Cultura de Galicia volveu converterse esta tarde de sábado nun mundo onde mandaron a imaxinación e a fantasía. Foi grazas á Cidade Imaxinaria, un evento lúdico e familiar que se celebra todos os veráns desde hai nove edicións e que, desde o ano pasado, incorpora unha segunda cita en abril para encher de diversión a primavera compostelá.

Santiago de Compostela, 27 de Abril de 2019

Galicia: entrada do fútbol en España | Valor e mestría

Sabías que foi en Galicia onde se xogou por vez primeira ao fútbol?

Isto é o que defenden certos investigadores, que sitúan en Vigo —e en 1876— os primeros partidos deste deporte, ao que denominaban «xogos de pelota» e que ocupaban a vida social dos traballadores da Eastern Telegraph Company. Procedentes de Porthcurno (Cornualles).

Galego

Concerto de Gustavo Almeida este venres no Gaiás para festexar o Día do Libro

A Cidade da Cultura celebra este venres, 26 de abril, un concerto do cantautor brasileiro Gustavo Almeida na Biblioteca e Arquivo de Galicia, dentro do programa de actividades da Dirección Xeral de Políticas Culturais para conmemorar o Día do Libro, que se festexa hoxe mesmo

Santiago de Compostela, 23 de Abril de 2019

A Cidade da Cultura abre ao público o novo espazo verde do Xardín do Teatro

A Cidade da Cultura abrirá ao público este xoves 18 de abril o Xardín do Teatro, o espazo verde co que culmina a transformación do baleiro deixado polo Teatro da Música, un dos dous edificios do Gaiás que non se chegou a rematar. Este novo xardín, de 11.574 metros cadrados, conta con especies botánicas procedentes de diferentes partes do mundo, un auditorio ao aire libre, estanques, instalacións para practicar deportes urbanos e áreas de lecer para gozar da natureza.

Santiago de Compostela, 17 de Abril de 2019

O Edificio Fontán acollerá o Instituto de Ciencias do Patrimonio

Logo de que o Consello da Xunta aprobara o pasado xoves o acordo co Consello Superior de Investigación Científicas (CSIC) para trasladar o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe, durante o acto de sinatura, que esta nova incorporación ao Edificio Fontán contribuirá a seguir facendo do Gaiás un polo de cultura, coñecemento e investigación.

Santiago de Compostela, 15 de Abril de 2019

A segunda edición de #CreaGaiás enche de creatividade o Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura

O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura acolleu esta tarde a segunda edición do CreaGaiás, no marco do cal foron entregados os galardóns de dous certames de fotografía dirixidos a instagrammers e fotógrafos amadores que retratasen dun xeito creativo o día a día no viveiro e coworking do Gaiás.

Santiago de Compostela, 11 de Abril de 2019

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS