Da árbore á cadeira

Da árbore á cadeira propón unha viaxe emocional da materia ao produto, da madeira ao mobiliario doméstico. Comisariada polo arquitecto Carlos Seone, a mostra dirixirá a ollada dos visitantes cara á riqueza ambiental dos bosques, a tradición en Galicia dos oficios vinculados ás artes da madeira e ao deseño contemporáneo do moble. 

Este percorrido comeza nos propios bosques galegos, baixo a ollada de fotógrafos como Manuel Vilariño, Vari Caramés, Xosé Caruncho, Juan de la Sota ou Juan Rodríguez; grandes artistas plásticos como Castelao, Seoane, Maside e figuras contemporáneas como Pamen Pereira ou Jorge Perianes. Nunha segunda etapa deste percorrido, a exposición ofrece unha viaxe polo deseño desde os pioneiros (Isaac Díaz Pardo, Alejandro e Jesús de la Sota e Xosé Bar Bóo) ate os contemporáneos, entre os que se atopan moitos dos grandes arquitectos e deseñadores galegos, como Manuel Gallego Jorreto, Irisarri e Piñera, Noguerol e Díaz, Iago Seara, Carlos Quintás, Creus e Carrasco, Tomás Alonso, Elías Cueto, Lucía Buceta ou Iñaki Leite.

Esta exposición conta con Visitas didácticas para este outono e Inverno. Premede aquí para consultalas.

Exposición Da árbore á cadeira  Exposición Da árbore á cadeira

 

  

 
Exposicións
 

Cultura

  • (2)
 
Desde o 8 de Abril
De 8 a 20
Balnearia Bibliográfica
2 Xuñ 2017 - 7 Xan 2018
De 10 a 20
Flor Novoneyra
Do 16 de marzo ao 14 de outubro de 2018
De 10 a 20 horas
27 Abr - 2 Set 2018
De 10 a 20 horas