Preto de 2000 nenos e nenas estréanse como espectadores e críticos de cine no festival ‘Pequefilmes’
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu ao festival infantil de curtametraxes Pequefilmes, que reúne esta fin de semana na Cidade da Cultura a preto de 2000 nenos e nenas e promove a cultura audiovisual desde as idades máis novas.