A Xunta acorda co CSIC o traslado do Instituto de Ciencias do Patrimonio ao novo Edificio Fontán

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou na rolda de prensa de Consello, da autorización dun convenio co Consello Superior de Investigacións Científicas para trasladar o Instituto de Ciencias do Patrimonio, Incipit, creado en 2010, ao novo edificio Fontán da Cidade da Cultura.

Santiago de Compostela, 11 de Abril de 2019

O Gaiás analiza o fútbol como ferramenta de inclusión social dentro da actividades da exposición 'Valor e mestría'

A Cidade da Cultura de Galicia puxo hoxe o foco no importante valor do fútbol como ferramenta de inclusión social e superación persoal na mesa redonda organizada esta tarde, dentro da variada programación de actividades ao redor da exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol, que acolle ata o 1 de setembro o Museo Centro Gaiás.

Santiago de Compostela, 10 de Abril de 2019

O 'Gaiás secreto' amósase en novas visitas á arquitectura, zonas verdes e espazos restrinxidos ao público

A Cidade da Cultura pon en marcha a partir do 13 de abril un novo servizo de visitas comentadas, Gaiás secreto, que amosará a súa arquitectura e as súas zonas naturais dun xeito máis exhaustivo, á vez que terá un compoñente máis exclusivo, ao incorporar lugares habitualmente restrinxidos ao público como son a galería subterránea que comunica o complexo, as sobrecubertas dos edificios e os sofisticados depósitos bibliográficos.

Santiago de Compostela, 03 de Abril de 2019

A mostra '30 anos imaxinando futuros' promove a integración social das persoas con autismo

A Cidade da Cultura e a asociación Autismo BATA queren promover a integración social das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) coa exposición 30 anos imaxinando futuros, que desde hoxe ata o 17 de abril pode visitarse na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago de Compostela, 02 de Abril de 2019

Os desafíos do sector musical a debate este sábado no Atlantic Emprende + Gaiás

O encontro Atlantic Emprende + Gaiás, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo para analizar e debater sobre as transformacións e os retos na industria da música e da organización de festivais, arrancou esta mañá no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. O evento, que se desenvolve hoxe sábado durante todo o día, combina relatorios de expertos e expertas do sector, actuacións en directo das bandas galegas Marem Ladson e Mordem, unha exposición de carteis realizados polo recoñecido deseñador catalán Xavi Forné (do estudio Error!

Santiago de Compostela, 30 de Marzo de 2019

A segunda edición do Serán porá en valor as bandas de música

As bandas de música serán as grandes protagonistas do Serán’02. Encontro Galego de Cultura Popular. O evento, promovido pola Xunta de Galicia para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, volve á Cidade da Cultura de Galicia no vindeiro mes de xuño tras o éxito da súa primeira entrega, que dedicada ao baile e á música tradicional congregou no Gaiás máis de 7000 persoas.

Santiago de Compostela, 29 de Marzo de 2019

‘Recreando personaxes’ propón na Biblioteca de Galicia un percorrido histórico e literario a partir do cine e a televisión

Historia, literatura e audiovisual conflúen na exposición Recreando personaxes, que pode verse desde hoxe e ata o 28 de maio no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 28 de Marzo de 2019

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS